Coincido no que di Xosé.

2010/11/3 Manuel Vázquez <moro...@gmail.com>

> No meu centro xa chegaron, pero o coordinador do proxecto di que ten
> prohibido abrilos ata que non fagan a instalación nas aulas
> respectivas do wifi e demais. Tamén chegaron os armarios de carga e
> almacén. Cando podamos abrir un, xa informarei...
> Saúdos
> Manuel Vázquez
>

Xenial.


> 2010/11/3 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> > Mellor esperar. Cando teña un nas mans examínoo e miro que cousas ocultas
> pode
> > ter.
> >
> > Xosé
> >
> >
> > O Mércores 03 Novembro 2010 15:00:58 Miguel Branco escribiu:
> >> «Estes ordenadores veñen equipados co máis recente sistema operativo
> Ubuntu
> >> (un dos máis empregados pola comunidade de usuarios e deseñadores de
> >> programación aberta) e, segundo informa a Xunta, incorporan o galego por
> >> defecto»
> >>
> >> Creo que temos unha alusión directa aquí. A falta de comprobalo na
> >> realidade (como están os sitemas e tal, xa que pouco me fío a estas
> >> alturas), benvido sexa o proxecto.
> >>
> >> Ao voso criterio deixo se redactamos unha nova felicitando a iniciativa
> ou
> >> non.
> >>
> >> Saúdos!
> >>
> >>
> >>
> >> 2010/11/2 Fran Diéguez <fran.dieg...@mabishu.com>
> >>
> >> > Os ultraportátiles darán acubillo a un sistema operativo Ubuntu 10.04
> e á
> >> > lingua galega como opción por defecto, manifestou a Xunta!!!!
> >> >
> >> >
> >> >
> >> > Enviado por Fran Diéguez a través de Google Reader:
> >> >
> >> >
> >> > Case 15.000 escolares galegos recibirán os ultraportátiles de ABALAR
> ao
> >> > longo do mes de
> >> > novembro<http://www.codigocero.com/Case-15-000-escolares-galegos> vía
> >> > Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia <http://codigocero.com/
> >de
> >> > Redacción el 2/11/10
> >> >
> >> >  Logo de certos
> >> >  retrasos<http://www.codigocero.com/Demoras-na-chegada-dos-primeiros
> >rel
> >> >  acionados co aprovisionamento do material informático que constitúe
> unha
> >> >
> >> > das bases de ABALAR, a iniciativa do Goberno galego para dixitalizar
> as
> >> > aulas do país semella que colle forza. De feito, será este mércores 3
> de
> >> > novembro cando se poña ao alcance da comunidade escolar o portal da
> >> > iniciativa e, ademais, darase continuidade nas vindeiras semanas ao
> >> > espallamento de ultraportátiles para os alumnos e mestres que comezou
> xa
> >> > na recta final de outubro. Así o comunicou a Consellería de
> >> > Educación<http://www.edu.xunta.es/web/node/1677>ante os medios
> >> > informativos no mediodía deste martes 2, cita cos xornalistas que lle
> >> > serviu á Xunta para botar luz sobre algúns dos principais obxectivos
> de
> >> > ABALAR, a curto e medio prazo: levar equipamento informático a 14.500
> >> > escolares a longo do mes de novembro e converter en dixitais (ao longo
> >> > deste curso) máis de 700 aulas de 300 centros educativos do noso país.
> O
> >> > proceso virá acompañado da posta en marcha do portal-plataforma
> >> > EspazoABALAR e incluirá entre outras cousas a achega masiva de equipos
> >> > informáticos Inves Noobi 10. Os ultraportátiles darán acubillo a un
> >> > sistema operativo Ubuntu 10.04 e á lingua galega como opción por
> >> > defecto, manifestou a Xunta, que lembrou que nas vindeiras semanas
> >> > complementarase esta opción coa achega doutros idiomas.
> >> > Na presentación de ABALAR participaron o conselleiro de Educación,
> Xesús
> >> > Vázquez, a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e máis o
> >> > subdirector xeral de Sistemas Informáticos de Educación, Carlos
> Vázquez,
> >> > quen fixo unha demostración práctica do funcionamento e recursos
> >> > dispoñibles do portal de ABALAR.
> >> > Xesús Vázquez, amais de expor as obxectivos xenéricos da iniciativa,
> >> > quixo salientar o carácter “*ambicioso*” da mesma, tanto no vieiro da
> >> > modernización do sistema educativo como na modernización do país. “*O
> >> > noso obxectivo*”, dixo, “*é conseguir que ao rematar o curso 2013/2014
> o
> >> > alumnado de 5º e 6 º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria dispoña do
> >> > equipamento e formación para acadar a plena integración das novas
> >> > tecnoloxías do coñecemento”.* Para comezar, dixo, este curso escolar
> >> > máis de 14.500 rapazas e rapaces de 5º de Primaria e 1º da ESO
> entrarán
> >> > a formar parte desta iniciativa, o que supón a concorrencia de máis de
> >> > 700 aulas de 300 centros educativos. En termos orzamentarios,
> >> > puntualizou, estariamos a falar de máis de 12 millóns de euros para
> este
> >> > ano académico, dos que máis do 60% proceden da Xunta.
> >> > *Equipos ultraportátiles*
> >> > Os equipos ultraportátiles Inves Noobi 10 que subministra a empresa
> >> > galega Coremain constitúen un dos piares fundamentais do proxecto e en
> >> > boa medida unha das facianas visibles. Estes ordenadores veñen
> equipados
> >> > co máis recente sistema operativo Ubuntu (un dos máis empregados pola
> >> > comunidade de usuarios e deseñadores de programación aberta) e,
> segundo
> >> > informa a Xunta, incorporan o galego por defecto. O programa, con
> >> > potencial de abondo como para permitir as mesmas funcionalidades (ou
> >> > máis) cás dunha boa parte dos programas pechados, é unha das claves de
> >> > ABALAR, posto que pola súa natureza aberta e participativa permite un
> >> > abaratamento importante dos custes por mor das licenzas e unha
> meirande
> >> > capacidade de adaptación ás necesidades dos usuarios. Xa nun plano
> >> > técnico, o portátil conta cunha pantalla rotatoria e táctil. As aulas
> >> > que van dar acubillo aos ultraportátiles estarán dotadas doutro equipo
> >> > para uso docente, tamén con software libre e incluíndo programas
> >> > educativos e de accesibilidade para “*facilitar*”, en palabras da
> Xunta
> >> > “*a integración das TIC sen ningún tipo de exclusión social*”. Amais
> >> > disto, as clases contarán cun encerado dixital táctil que permitirá “
> >> > *sesións máis interactivas*” e cun proxector de distancia ultra-curta
> >> > que evita as sombras sobre o dito encerado. Tamén se equipará as aulas
> >> > cun armario de carga para amorear os ultraportátiles dos rapaces,
> >> > *“elemento que ademais ten a funcionalidade de ser empregado como
> >> > reforzo multimedia*”, e darase acubillo a un punto de rede Wi-Fi para
> >> > garantir a boa conexión. A iniciativa ABALAR, que xa incluíu a
> formación
> >> > de 300 coordinadores TIC (proceso de educación ao que serán
> incorporados
> >> > 2.500 profesores e as familias implicadas no dito proxecto), ten dende
> >> > setembro en funcionamento unha aula piloto na sede de Educación, amais
> >> > de cinco centros piloto, espazos dixitalizados, noutros tantos centros
> >> > educativos. As aulas pioneiras serviron para ultimar o espallamento da
> >> > iniciativa, “*eliminando riscos e mellorando no posible os tempos e os
> >> > traballos a despregar logo”.* Amais de todo isto, déuselle corpo á
> >> > plataforma EspazoABALAR, portal que se abre o mércores á comunidade
> >> > escolar, incluíndo ás familias (que poden realizar seguimentos
> >> > académicos en liña e máis establecer comunicación cos profesores,
> entre
> >> > outras cousas).
> >> > A plataforma, posta en marcha para fomentar a participación cidadá no
> >> > eido do sistema educativo (e tamén para reducir as cargas de traballo
> da
> >> > Administración), incluirá un repositorio de contidos educativos
> dixitais
> >> > de Galicia, ferramenta de xestión, difusión e uso de recursos
> educativos
> >> > dixitais seleccionados pola Consellería de Educación, “*que os axentes
> >> > da comunidade escolar galega poderán compartir entre eles”*,
> infórmase.
> >> > Polo que respecta ás linguas da web, dicir que nun primeiro intre
> >> > figurará unicamente na nosa lingua, concretou Educación, aínda que nas
> >> > sucesivas melloras previstas (que contarán cun carácter continuo) está
> >> > previsto a incorporación de castelán e inglés.
> >> >
> >> > Xesús Vázquez anunciando os avances do proxecto ABALAR
> >> >
> >> > Cosas que puedes hacer desde aquí:
> >> >    - Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de
> >> >    Galicia<
> http://www.google.com/reader/view/feed%2Fhttp%3A%2F%2Fwww.cod
> >> >    igocero.com%2Fspip.php%3Fpage%3Dbackend?source=email>con *Google
> >> >    Reader*
> >> >    - Empezar a utilizar Google
> >> >    Reader<http://www.google.com/reader/?source=email>para mantenerte
> al
> >> >    día fácilmente de *todos tus sitios favoritos*
> >> >
> >> > _______________________________________________
> >> > Proxecto mailing list
> >> > Proxecto@trasno.net
> >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a