Eu non lles mandaria ningún correo; e de mandalo pediríalles que
simplemente incluísen "Ourense" tamén como correcto, tanto para o nome
da cidade como para a provincia, dado que é obrigatorio nos usos
oficiais do castelán, que algo moi distinto de dicir que é obrigatorio
en castelán. É dicir, non argumentaría do estilo "Porque a Lei de
normalización lingüística di que ...." senón "É unha limitación do
corrector non recoller sequera os nomes oficiais dos lugares españois,
á parte de que se inclúan os nomes de uso tradicional en castelán", da
tradición tradutora castelá, si.

O punto crucial é saber a que criterio atende o corrector. Á lingua
común? entón non o deben meter. Á lingua estándar ou formal? entón si
que o deben meter.

É a mesma distancia que hai entre dicir Venezuela en galego, Veneçuela
en catalán ou Venezŭelo en esperanto (nomes tradicionais) e o nome
oficial de República Bolivariana de Venezuela (só en castelán, que
pode ser traducido).

A mesma distancia que existe entre usar Galicia e Galiza (ambos
tradicionais pero só un oficial en galego), e outros nomes
tradicionais como Galiçia, Galizia, Galícia, 西班牙語, para cada un dos
idiomas que lle chaman así ao noso país.

O «problema» da Wikipedia española é que non queren admitir os usos
oficiais como correctos, sobre todo respecto de topónimos
peninsulares, aplicando así criterios máis político-culturais que
lingüísticos só nestes casos. Aquí aplican criterios de lingua común,
mentres noutros topónimos (cfr. Bruselas) aplican criterios de lingua
estándar.

Os usos oficiais determínaos a lexislación, os políticos e, como
sabemos pola nosa desgaciada historia, son decisións políticas e
continxentes, pero son usos lingüísticos coma os demais e forman parte
necesariamente da lingua ESTANDAR. Basicamente non recoñecelo é
problema seu e da súa RAE; e digo que é un problema da RAE porque é
unha institución oficial, político-lingüística, que debería equilibrar
criterios en lugar de ser voceiro de talibáns castellanistas. Nós
deberiamos estar por riba diso e de feito estamos cando escribimos
Xaén, ou pronunciamos 'ghaén' sabendo que o nome oficial é Jaén, igual
que os árabes lle chaman (خائنخائن) e algo deberon ter que ver no
nome.

-Só é miña opinión-

El día 18 de noviembre de 2010 11:31, Miguel Branco
<mgl.bra...@gmail.com> escribió:
> <ironia>igual se fían da filosofía da e.wikipedia.org</ironia>
>
> 2010/11/18 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>>
>> Creo que é simple ignorancia dos tradutores do proxecto NAVE, sería cousa
>> de mandarlles un correo indicandolles que respecten a forma oficial dos
>> topónimos.
>>
>> 2010/11/18 damufo <dam...@gmail.com>
>>>
>>>  Boas:
>>> Paréceme curioso (por non dicir outra cousa) que o corrector de español
>>> me marque como errónea Ourense e suxira como corrección Orense.
>>> :-!
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a