2010/11/27 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Hai unhas horas dispúñame a comezar a tradución ao galego do GCC, cando topei
> con isto[1].
>
> O que ven a dicir é que todo o que traduza software de GNU (e poida que outros
> aplicativos xestionados polo Translation Project) debe antes asinar un
> “disclaimer”. Non teño nada en contra do “disclaimer” en si, pero iso de
> enviarlles un correo “analóxico” e ter que agardar preto dun mes... en fin,
> chamádeme preguiceiro.
>
> Non sei quen dos que xa pasaron o choio[2] está na rolda de Trasno (so
> recoñecín a Leandro, a Tsao e a Jacobo), pero me preguntaba se algún deles
> estaría disposto a

Aínda me entero de que me lles chegou o disclaimer!!! Moitas grazas Adrián.

> a) traducir o aplicativo, ou
> b) revisar as traducións feitas por min e envialas upstream.

A opción b só a poderiamos facer che aceptaron o disclaimer teu e se a
quen che revisa tamén lle aceptaron o disclaimer.

A idea do disclaimer é que ninguén poida bloquear o uso das traducións
para o uso que sexa. A min non me gusta a idea de renunciar ao meu
copyright en favor da FSF e preferiria algo do estilo dunha licenza,
pero cando lles enviei o disclaimer dixenlles que só aceptaría o seu
uso para as traducións que esixiran disclaimer. Como non me
responderon entendín que ou non lles chegara, ou pecharan o
chiringuito ou que non aceptaban o disclaimer con esas limitacións.
Polo visto valeulles.

> E logo hai outra cousa que me pregunto: sería posible que Trasno (ben como
> proxecto ou de ser preciso como asociación) realizase o trámite este, e que os
> tradutores podamos mandar as traducións a través de Trasno (tradutor →
> administrador de Trasno → Translation Project) quedando a tradución “amparada”
> polo “disclaimer” asinado dende Trasno? É algo complicado, seino, pero se isto
> fai falla para todos os aplicativos de GNU, paréceme unha opción importante a
> explorar.

Non creo que sexa posible.

> Senón xa buscarei un HowTo sobre enviar cartas por correo ordinario ;)

Será o mellor.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a