Ola a t...@s,

estas dúas semanas foron bastante movidas para o Gtranslator, pois Nacho
rematou a migración ás bibliotecas de GNOME 3 a falta de facer algúns
cambios no sistema de engadidos, libpeas.

Que significa isto? Pois que agora gtranslator usa a infraestrutura
completa de GNOME 3 e o realmente interesante e que co novo sistema de
engadidos vai ser moi sinxelo escribilos en python. Eu xa teño varias
ideas para implementar e de feito xa levo uns meses colléndolle o
gustillo.

Como bonus que saibades que logo de suxerilo na rolda do gtranslator,
modificaron o engadido de Open-tran para que teña compatiblidade con
servidores espello do mesmo.

Cando se monta o noso espello? Alguén mirouno xa?

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a