Na miña opinion, sería interesante un dicionario aberto en liña.
Visto o visto, confío tan pouco no da RAG que non o teño nada claro.
Podería comezarse por pasar o galizionario a un formato de dicionario e logo ter un sistema de completado máis ou menos simple, para min o pronlema do galizionario é que é complicado engadir unha entrada. Penso que o ideal sería poder por o termo e logo ter unha especie de modelo que fose preguntando e/ou guiando ao que queira engadir unha entrada. Poñamos que quero engadir «apedrar» pois que me pregunte que é en canto a verbo, adxectivo... e logo definición unha vez rematado que pregunte se quere engadir un novo significado e así sucesivamente, idem para termos existentes Do que se trata é de simplificar e que o dicionario sexa iso un dicionario, eu non incluiría (inicialmente) traducións nin outras opcións, o importante agora para min é ter un dionario decente e que sexa libre.

En 2010/11/29 17:06, Adrián Chaves Fernández escribiu:
O Glósima non necesita cariño? :)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a