Demasiados proxectos e pouca man de obra e pouco tempo, meus! ou xa se
nos esqueceu o que falamos a semana pasada?

Que me desminta Leandro se tal pero eu creo que o seu PFC non vai de
mellorar o Glósima senón de facer algo diferente.
Hai unhas semanas el mesmo dicía que se ía concentrar niso,
loxicamente, e que daquela non podemos contar con el para rematar a
v.1 de Glósima.

8 de outubro-Leandro

«Entende que non teño tempo para todo. A verdade é que en Glósima hai
que arranxar dúas ou tres cousas, pero arranxareinas para que Trasno
poida traballar con el.

A idea do meu PFC é facer algo que se integre cas ferramentas CAT para
localización de SL, que o adopten varios proxectos de localización
(varios idiomas), e que nun futuro substitúa a Glósima en Trasno. Sei
que ti querias Glósima como sistema de discusión xeral de terminoloxía
non centrado só na localización, e igual queda para "futuros
desenvolvementos" do meu PFC, ou cando remate o PFC se teño
tempo/ganas igual lle fago algo máis ao Glósima, pero non prometo
nada.»

É dicir, o Glósima esta practicamente finalizado. Hai que arranxar
bugs e simplificar a interface. O de Leandro é unha ferramenta
dirixida á localización, diferente e que está totalmente por facer.

No Glósima seguimos Castroagudín e máis eu, desde o principio, logo
integrouse Leandro. No seu momento parouse á espera de ver se podía
ser financiado (o que implica dispoñer de tempo para dedicarlle)
mediante algunha axuda pública. Non foi así ata agora e resta o
estirón final para que pague a pena todo o que temos rompido os
cornos.


2010/11/29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> eu sempre quixen ver o «urban dictionary» galego así que...
> pero si, o glosima, inda con Leandro á fronte, poida que necesite moito
> cariño xD
>
> 2010/11/29 damufo <dam...@gmail.com>
>>
>> Na miña opinion, sería interesante un dicionario aberto en liña.
>> Visto o visto, confío tan pouco no da RAG que non o teño nada claro.
>> Podería comezarse por pasar o galizionario a un formato de dicionario e
>> logo ter un sistema de completado máis ou menos simple, para min o pronlema
>> do galizionario é que é complicado engadir unha entrada. Penso que o ideal
>> sería poder por o termo e logo ter unha especie de modelo que fose
>> preguntando e/ou guiando ao que queira engadir unha entrada.
>> Poñamos que quero engadir «apedrar» pois que me pregunte que é en canto a
>> verbo, adxectivo... e logo definición unha vez rematado que pregunte se
>> quere engadir un novo significado e así sucesivamente, idem para termos
>> existentes
>> Do que se trata é de simplificar e que o dicionario sexa iso un
>> dicionario, eu non incluiría (inicialmente) traducións nin outras opcións, o
>> importante agora para min é ter un dionario decente e que sexa libre.
>>

Posiblemente para iso o Glossword sexa unha solución máis ca
suficiente e non é nada difícil de manexar. Outra cousa é que se
queira logo converter ao estándar DICT ou a entradas do Galizionario.
Tamén considero que se trata dun traballo para un equipo bastante
numeroso para poder avanzar.

Como alternativa penso que podería ser útil unha ferramenta que
mediante un asistente como indicas fose capaz de "preparar" unha
entrada para o Galizionario e logo exportala. Estou pensando nunha
extensión para openoffice que xa ten algo do estilo.


>> En 2010/11/29 17:06, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>>
>>> O Glósima non necesita cariño? :)
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a