A min venme ben, porén prefiro en Pontevedra, xa que vou estar por San
Vicente facendo cousas e se podo logo voltar cedo mellor que mellor.

Saúdos

O Mar, 07-12-2010 ás 22:15 +0100, Miguel Branco escribiu:
> 
> Convoco a segunda asemblea ordinaria do ano para este 18 de Decembro
> ás 15.30. Celebrarémola ou na cidade de Vigo ou en Pontevedra, segundo
> dedicidades nestes vindeiros catro días. Admitense de bo grado
> suxerencias de local.
> 
> 
> A orde do día é:
> 1. Lectura e aprobación da acta asemblearia anterior
> 2. Comunicación do estado do convenio coa SX do iMiT
> 3. Revisión do estado das contas
> 4. Informe e aprovación do plano de actividades para o 2011
> 5. Debate sobre da convocatoria á repetición do convenio co iMiT para
> o 2011.
> 
> 
> Recórdovos que 
> 1. tedes o estatudo dispoñible
> aquí: http://trasno.net/ficheiros/estatuto.pdf
> 2. podedes delegar o voto noutra persoa tal como se indica no estatuto
> 3. podedes alzar calquera cuestión para ser tratada na asemblea
> 4. que só teñen dereito a voto os asociados, inda que calquera pode
> asistir
> 5. que é un fantástico momento para asociarse e/ou coñecernos en
> persoa ;)
> 
> 
> 
> 
> Nota: 
> Se vos parece a convocatoria demasiado xusta no tempo, pódese retrasar
> ou facer de modo telemático mais 1, metémonos en datas moi "festivas"
> e 2, é preferible falacela "ao vivo".
> 
> 
> Saúdos, 
> 
> 
> Miguel Branco
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a