2010/12/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

>
> Convoco a segunda asemblea ordinaria do ano para este 18 de Decembro ás
> 15.30. Celebrarémola ou na cidade de Vigo ou en Pontevedra, segundo
> dedicidades nestes vindeiros catro días. Admitense de bo grado suxerencias
> de local.
>
> A orde do día é:
> 1. Lectura e aprobación da acta asemblearia anterior
> 2. Comunicación do estado do convenio coa SX do iMiT
> 3. Revisión do estado das contas
> 4. Informe e aprovación do plano de actividades para o 2011
> 5. Debate sobre da convocatoria á repetición do convenio co iMiT para o
> 2011.
>
> Recórdovos que
> 1. tedes o estatudo dispoñible aquí:
> http://trasno.net/ficheiros/estatuto.pdf
> 2. podedes delegar o voto noutra persoa tal como se indica no estatuto
> 3. podedes alzar calquera cuestión para ser tratada na asemblea
> 4. que só teñen dereito a voto os asociados, inda que calquera pode asistir
> 5. que é un fantástico momento para asociarse e/ou coñecernos en persoa ;)
>
>
> Nota:
> Se vos parece a convocatoria demasiado xusta no tempo, pódese retrasar ou
> facer de modo telemático mais 1, metémonos en datas moi "festivas" e 2, é
> preferible falacela "ao vivo".
>
> Saúdos,
>
> Miguel Branco
>
> _______________________________________________
> Socios mailing list
> soc...@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/socios
>
>
OK, eu en principio podo ir. Non estarei para comer, e pasarei por
Compostela de camiño, así que podemos coordinar para compartir coche quen
andedes por alí.

Iso sí, cando esté a cousa decidida (lugar exacto), poñédemo ben claro, que
prácticamente non coñezo Pontevedra e xa me vexo dando voltas XD. Ah! E
viría ben o teléfono de contacto de un par de "organizadores", por se hai
imprevistos :) (supoño que algúns de vós xa os intercambiariades, pero eu
non teño o de ninguén)


Saúdos!!
-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a