Boas,
Falei co do restaurante e díxome que o menú do día é a 10€, e ten 1º plato,
2º e postre e bebida. Tamén habería a posibilidade de pedir cocido, que
serían tamén 10 € e a bebida sería a parte.

Que vos parece?

Un saúdo.

2010/12/14 Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>

>
>
> 2010/12/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>
>>
>> Convoco a segunda asemblea ordinaria do ano para este 18 de Decembro ás
>> 15.30. Celebrarémola ou na cidade de Vigo ou en Pontevedra, segundo
>> dedicidades nestes vindeiros catro días. Admitense de bo grado suxerencias
>> de local.
>>
>> A orde do día é:
>> 1. Lectura e aprobación da acta asemblearia anterior
>> 2. Comunicación do estado do convenio coa SX do iMiT
>> 3. Revisión do estado das contas
>> 4. Informe e aprovación do plano de actividades para o 2011
>> 5. Debate sobre da convocatoria á repetición do convenio co iMiT para o
>> 2011.
>>
>> Recórdovos que
>> 1. tedes o estatudo dispoñible aquí:
>> http://trasno.net/ficheiros/estatuto.pdf
>> 2. podedes delegar o voto noutra persoa tal como se indica no estatuto
>> 3. podedes alzar calquera cuestión para ser tratada na asemblea
>> 4. que só teñen dereito a voto os asociados, inda que calquera pode
>> asistir
>> 5. que é un fantástico momento para asociarse e/ou coñecernos en persoa ;)
>>
>>
>> Nota:
>> Se vos parece a convocatoria demasiado xusta no tempo, pódese retrasar ou
>> facer de modo telemático mais 1, metémonos en datas moi "festivas" e 2, é
>> preferible falacela "ao vivo".
>>
>> Saúdos,
>>
>> Miguel Branco
>>
>> _______________________________________________
>> Socios mailing list
>> soc...@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/socios
>>
>>
> OK, eu en principio podo ir. Non estarei para comer, e pasarei por
> Compostela de camiño, así que podemos coordinar para compartir coche quen
> andedes por alí.
>
> Iso sí, cando esté a cousa decidida (lugar exacto), poñédemo ben claro, que
> prácticamente non coñezo Pontevedra e xa me vexo dando voltas XD. Ah! E
> viría ben o teléfono de contacto de un par de "organizadores", por se hai
> imprevistos :) (supoño que algúns de vós xa os intercambiariades, pero eu
> non teño o de ninguén)
>
>
> Saúdos!!
> --
>
> Xabier Villar
>
> _______________________________________________
> Socios mailing list
> soc...@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/socios
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a