De música eu nada pero o termo é un tecnicismo de notación musical, polo que
adoita usarse o temo latino «tabulatura», especialmente en ámbitos
académicos aínda que máis popularmente domina «tablatura». Esta solución é
común tanto para o galego como para o portugués, español, catalán,
francés... en todos esta última deriva do latín e non da palabra patrimonial
(távoa, táboa, tabla, tavola, etc) Curiosamente o italiano (que un pensaba
que dominaba este campo) usa «tablatura» aínda que a forma correcta en it.
sería *intavolatura*.

En galego encontro esta referencia

"A tablatura é unha forma de escrita musical consistente nunha combinación
de notación alfabética e grafía mensural utilizada para trasladar á
partitura as pezas organísticas."

Iniciación á linguaxe musical. Pereiro, Paulino. Ed. Laiovento. Santiago,
1995.

Creo que non hai dúbida da corrección de «tablatura» e tamén resulta lóxico
que o corrector non a recolla. Demasiado específica


2011/1/3 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>

> ¿Tabulatura?
>
> 2011/1/3 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>
>> O corrector dice que "tablatura" non é correcto... os que sabedes de
>> música e demais... podedes dar algo de luz ?
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a