Esa discusión tería que ser no contorno dos músicos, non no noso, xa que
falamos dun termo especializado empregado na musica.

2011/1/3 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> O problema que lle vexo é que a “tablatura” é un «sistema de notación
> musical», polo que descartaría “notación“, e “transcrición” é aínda máis
> xenérico que “notación”, e mesmo diría que máis inexacto, pois é o cambio
> dun
> sistema de escrita a outro nunha mesma lingua, así que se temos unha
> “partitura” podemos “transcribila” e convertela nunha “tablatura”, que
> sería
> unha transcrición da primeira, pero pode ser o contrario, converter unha
> “tablatura” orixinal nunha “partitura” (como Deus manda! ;), sendo neste
> caso
> a transcrición a “partitura” e non a “tablatura”.
>
> Creo que é un tema delicado, e se optamos por un termo distinto de
> “tablatura”, (1) imos ter que discutilo tranquilamente e (2) vai tardar en
> asentarse, se é que o consigue algunha vez.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a