Difícil. O que determina a escrita destas palabras é a pronuncia frecuente:
[yíngel] > *jingle*

Eu non o traduciría pero si que o marcaría como voz inglesa, en cursiva.
Sería como («*jet*»).
Temos algún caso recollido tal cal do inglés na norma como o de jockey (sen
cursiva pois, e pronuncia [ioki]) ou jazz. Para iso se di que as letras -j-,
-w- e -y- son complementarias do alfabeto.

A outra opción, que non recomendo, sería a adaptación. Habería dúas opcións

- Iingle? Non o vexo posible nin usado. A adaptación co -I- dáse sobre todo
en ditongos (como «iudo»)
- Xingle? Adaptación como consoante, tipo «xúnior». Non a adecuada porque
nos apartamos da pronuncia coñecida e habitual  e debido a que queda ser
resolver o principal que é a pronuncia da sílaba -gle- [gel], así que por un
lado se forzaría a adaptación e por outro non se chega a nada. Non sei  por
que pero en galego soamente adaptamos con -x- os estranxeirismos que nos
chegan a través do castelán e se adaptan aí como -j- (jersey > xersei;
jeque> xeque). En cambio, se o castelán non os adapta á pronuncia -j- entón
deixámolos tal cal : jet set, ionqui.

Por outro lado se as palabras son antigas ou do fondo histórico cultural
entón é máis habitual a consoante. Lóxico: Xerusalén, Xehová, xota, ...

Resumidamente
Son casos soltos e contados. O galego non ten normas fixas nestes casos e a
normativa menos. Van os casos asegún...



2011/1/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Quería recibir opinións sobre se traducir ou non, eu creo que non, xa que é
> un termo xa alcuñado na terminoloxía radiofónica, o termo «jingle»
> http://en.wikipedia.org/wiki/Jingle
> http://es.wikipedia.org/wiki/Jingle
>
> En todo caso, cambiamos o J polo dobre l fonético ?? ... eu deixaría sempre
> «jingle» mais a ver que opinan os lingüistas ou quen teña mais e mellor
> información ca min.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a