Hoxe en día sería correcto. Aquí hai un problema de límites entre palabras,
si; pero sobre todo un problema de falta de criterio

Temos dúas palabras: cartón, cartoliña, ... tarxeta e outra candidata:
placa. E marcamos distancia ata certo punto con carné e carta.

Ata/Desde onde se segue aos demais (portugués ou español) e ata onde hai que
asumir a nosa propia fala que evidentemente recolle a nosa realidade
sociocultural e comercial?

A RAG ata este momento decidiu esconderse e laissez passer:

*cartón**s.m.* *1*. Material groso e duro, feito de pasta de papel. *Unha
caixa de cartón.* *2*. Obxecto de cartolina ou de material plástico de forma
rectangular onde van impresos certos datos do usuario como por exemplo o *
carné* ou a *carta* (de estudiante, de identidade, etc.) e máis
especificamente o *cartón* (ou *tarxeta*) *de crédito, o cartón* (ou *
tarxeta*) *de visita*, etc. SIN. *tarxeta*. *3*. Anaco pequeno de cartolina
que se usa no fútbol e noutros deportes para indicar distintos castigos
segundo a cor que teña. *O cartón vermello significa a expulsión dun
xogador. *SIN. *tarxeta*.* *s* **Cartón de visita*. Pequena cartolina onde
vai inscrito o nome e/ou outros datos, como a profesión, enderezo, etc.,
dunha persoa, utilizada en distintos aspectos da vida social./ *Cartón de
crédito*. Cartón emitido por unha entidade financeira a nome dunha persoa,
onde constan certos datos seus e que é usado para distintos servicios sen
necesidade de ter que pagar en efectivo.

*tarxeta**s.f.* *1*. Anaco pequeno e rectangular de cartolina, plástico, ou
papel recuberto de plástico, onde están escritos, gravados ou pegados datos
diversos sobre o seu propietario, segundo o carácter do documento. *Tarxeta
de identidade, de estudiante. *SIN. *carné**, carta.Tarxeta de crédito, de
visita. *SIN. *cartón**.*
*2*. Anaco pequeno de cartolina que se usa nalgúns deportes para indicar
distintos castigos ós xogadores, segundo a cor que teña. *O árbitro sacoulle
a tarxeta amarela por protestar. *SIN. *cartón**.* s* **Tarxeta de crédito*.
Tarxeta emitida por unha entidade financeira a nome dunha persoa, que se usa
para distintos servicios sen ter que pagar en efectivo. / *Tarxeta de visita
*. Pequena cartolina na que vai inscrito o nome e outros datos dunha persoa
que permiten contactar con ela cando se desexe. / *Tarxeta postal.*Cartolina
de forma rectangular que se envía por correo e que nunha das súas caras leva
unha fotografía ou debuxo e na outra espacio para pó-los datos (nome,
enderezo), os selos e o texto. SIN. *postal**.*
****tasa* *s.f. **taxa*.

*placa**s.f.**1*. Lámina dun material duro, plana, de grosor uniforme e
delgada en relación co seu tamaño. *Unha placa de cemento, de vidro.* CF. *
prancha**.* *2*. Anaco de metal, madeira, etc., cunha inscrición. *Unha
placa de policía. A placa da matrícula. No parque hai unha placa de bronce
en conmemoración do acontecemento.*

Se queredes discutimos sobre o valor que non recolle: o de soporte de
almacenamento de datos dixitais

tarxeta/cartón/placa de memoria?

Sería logo tarxeta/cartón/placa PCMCIA?
Seria logo tarxeta/cartón de embarque?
Xa que a RAG non o fai, alguén considerou os valores despectivos que ten
para os falantes o concepto "de cartón" ou o confuso que é, de saída,
dicirlle a un usuario que estrea máquina «Introduza o cartón do PC»?
:-D







2011/1/4 damufo <dam...@gmail.com>

> Cartón de memoria??
>
> En 2010/12/30 14:27, Antón Méixome escribiu:
>
>> Non sei se é real o que aquí se di e desde logo falta absolutamente o
>> concepto "cultura libre"
>>
>> http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a