Neste caso, refirese a un módulo (incrustado, en forma de chip, ou
semellante) sólido de memoria, solidario (por soldadura ou zócolo) non a
unha «tarxeta» do tipo SD etc... extraíble, polo que a libre interpretación
creo que só obedece a ignorancia na materia de quen traduciu que ao ver
«Memoria Flash» interpreta «memoria extraíbel»

Pola miña parte, creo que «tarxeta» e como mellor acae (cando falemos, que
non é o caso do texto criticado, de extraíbeis/removíbeis) tendo en conta o
histórico do emprego dese termo a partires do concepto das «removíbeis» que
xurdiron no tempos dos zócolos ISA.


2011/1/4 Antón Méixome <cert...@certima.net>

>
> Hoxe en día sería correcto. Aquí hai un problema de límites entre palabras,
> si; pero sobre todo un problema de falta de criterio
>
> Temos dúas palabras: cartón, cartoliña, ... tarxeta e outra candidata:
> placa. E marcamos distancia ata certo punto con carné e carta.
>
> Ata/Desde onde se segue aos demais (portugués ou español) e ata onde hai
> que asumir a nosa propia fala que evidentemente recolle a nosa realidade
> sociocultural e comercial?
>
> A RAG ata este momento decidiu esconderse e laissez passer:
>
> *cartón**s.m.* *1*. Material groso e duro, feito de pasta de papel. *Unha
> caixa de cartón.* *2*. Obxecto de cartolina ou de material plástico de
> forma rectangular onde van impresos certos datos do usuario como por exemplo
> o *carné* ou a *carta* (de estudiante, de identidade, etc.) e máis
> especificamente o *cartón* (ou *tarxeta*) *de crédito, o cartón* (ou *
> tarxeta*) *de visita*, etc. SIN. *tarxeta*. *3*. Anaco pequeno de
> cartolina que se usa no fútbol e noutros deportes para indicar distintos
> castigos segundo a cor que teña. *O cartón vermello significa a expulsión
> dun xogador. *SIN. *tarxeta*.* *s* **Cartón de visita*. Pequena cartolina
> onde vai inscrito o nome e/ou outros datos, como a profesión, enderezo,
> etc., dunha persoa, utilizada en distintos aspectos da vida social./ *Cartón
> de crédito*. Cartón emitido por unha entidade financeira a nome dunha
> persoa, onde constan certos datos seus e que é usado para distintos
> servicios sen necesidade de ter que pagar en efectivo.
>
> *tarxeta**s.f.* *1*. Anaco pequeno e rectangular de cartolina, plástico,
> ou papel recuberto de plástico, onde están escritos, gravados ou pegados
> datos diversos sobre o seu propietario, segundo o carácter do documento. 
> *Tarxeta
> de identidade, de estudiante. *SIN. *carné**, carta.Tarxeta de crédito, de
> visita. *SIN. *cartón**.*
> *2*. Anaco pequeno de cartolina que se usa nalgúns deportes para indicar
> distintos castigos ós xogadores, segundo a cor que teña. *O árbitro
> sacoulle a tarxeta amarela por protestar. *SIN. *cartón**.* s* **Tarxeta
> de crédito*. Tarxeta emitida por unha entidade financeira a nome dunha
> persoa, que se usa para distintos servicios sen ter que pagar en efectivo. /
> *Tarxeta de visita*. Pequena cartolina na que vai inscrito o nome e outros
> datos dunha persoa que permiten contactar con ela cando se desexe. / *Tarxeta
> postal.*Cartolina de forma rectangular que se envía por correo e que nunha
> das súas caras leva unha fotografía ou debuxo e na outra espacio para pó-los
> datos (nome, enderezo), os selos e o texto. SIN. *postal**.*
> ****tasa* *s.f. **taxa*.
>
> *placa**s.f.**1*. Lámina dun material duro, plana, de grosor uniforme e
> delgada en relación co seu tamaño. *Unha placa de cemento, de vidro.* CF.
> *prancha**.* *2*. Anaco de metal, madeira, etc., cunha inscrición. *Unha
> placa de policía. A placa da matrícula. No parque hai unha placa de bronce
> en conmemoración do acontecemento.*
>
> Se queredes discutimos sobre o valor que non recolle: o de soporte de
> almacenamento de datos dixitais
>
> tarxeta/cartón/placa de memoria?
>
> Sería logo tarxeta/cartón/placa PCMCIA?
> Seria logo tarxeta/cartón de embarque?
> Xa que a RAG non o fai, alguén considerou os valores despectivos que ten
> para os falantes o concepto "de cartón" ou o confuso que é, de saída,
> dicirlle a un usuario que estrea máquina «Introduza o cartón do PC»?
> :-D
>
>
>
>
>
>
>
> 2011/1/4 damufo <dam...@gmail.com>
>
>> Cartón de memoria??
>>
>>
>> En 2010/12/30 14:27, Antón Méixome escribiu:
>>
>>> Non sei se é real o que aquí se di e desde logo falta absolutamente o
>>> concepto "cultura libre"
>>>
>>> http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a