Boas:
Polo visto está claro que ambos termos (cartón e tarxeta) con correctos.
Eu decantaríame por tarxeta por ser máis independente do material co que se fai. Tarxeta é iso, e so iso. Cartón ten outras acepcións polo que eu descargaría cartón e deixaría tarxeta.


En 2011/01/04 13:02, Miguel Bouzada escribiu:
Neste caso, refirese a un módulo (incrustado, en forma de chip, ou semellante) sólido de memoria, solidario (por soldadura ou zócolo) non a unha «tarxeta» do tipo SD etc... extraíble, polo que a libre interpretación creo que só obedece a ignorancia na materia de quen traduciu que ao ver «Memoria Flash» interpreta «memoria extraíbel»

Pola miña parte, creo que «tarxeta» e como mellor acae (cando falemos, que non é o caso do texto criticado, de extraíbeis/removíbeis) tendo en conta o histórico do emprego dese termo a partires do concepto das «removíbeis» que xurdiron no tempos dos zócolos ISA.


2011/1/4 Antón Méixome <cert...@certima.net <mailto:cert...@certima.net>>


    Hoxe en día sería correcto. Aquí hai un problema de límites entre
    palabras, si; pero sobre todo un problema de falta de criterio

    Temos dúas palabras: cartón, cartoliña, ... tarxeta e outra
    candidata: placa. E marcamos distancia ata certo punto con carné e
    carta.

    Ata/Desde onde se segue aos demais (portugués ou español) e ata
    onde hai que asumir a nosa propia fala que evidentemente recolle a
    nosa realidade sociocultural e comercial?

    A RAG ata este momento decidiu esconderse e laissez passer:

    *cartón*/s.m./ *1*. Material groso e duro, feito de pasta de
    papel. /Unha caixa de cartón./ *2*. Obxecto de cartolina ou de
    material plástico de forma rectangular onde van impresos certos
    datos do usuario como por exemplo o /carné/ ou a /carta/ (de
    estudiante, de identidade, etc.) e máis especificamente o /cartón/
    (ou /tarxeta/) /de crédito, o cartón/ (ou /tarxeta/) /de visita/,
    etc. SIN. */tarxeta/*. *3*. Anaco pequeno de cartolina que se usa
    no fútbol e noutros deportes para indicar distintos castigos
    segundo a cor que teña. /O cartón vermello significa a expulsión
    dun xogador. /SIN. */tarxeta/*.//s//*Cartón de visita*. Pequena
    cartolina onde vai inscrito o nome e/ou outros datos, como a
    profesión, enderezo, etc., dunha persoa, utilizada en distintos
    aspectos da vida social./ *Cartón de crédito*. Cartón emitido por
    unha entidade financeira a nome dunha persoa, onde constan certos
    datos seus e que é usado para distintos servicios sen necesidade
    de ter que pagar en efectivo.

    *tarxeta*/s.f./ *1*. Anaco pequeno e rectangular de cartolina,
    plástico, ou papel recuberto de plástico, onde están escritos,
    gravados ou pegados datos diversos sobre o seu propietario,
    segundo o carácter do documento. /Tarxeta de identidade, de
    estudiante. /SIN. */carné/*/,*carta.*Tarxeta de crédito, de
    visita. /SIN. */cartón/*/./
    *2*. Anaco pequeno de cartolina que se usa nalgúns deportes para
    indicar distintos castigos ós xogadores, segundo a cor que teña.
    /O árbitro sacoulle a tarxeta amarela por protestar. /SIN.
    */cartón/*/./ s//*Tarxeta de crédito*. Tarxeta emitida por unha
    entidade financeira a nome dunha persoa, que se usa para distintos
    servicios sen ter que pagar en efectivo. / *Tarxeta de visita*.
    Pequena cartolina na que vai inscrito o nome e outros datos dunha
    persoa que permiten contactar con ela cando se desexe. / *Tarxeta
    postal.*Cartolina de forma rectangular que se envía por correo e
    que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo e na outra
    espacio para pó-los datos (nome, enderezo), os selos e o texto.
    SIN. */postal/*/./
    ****tasa* /s.f. /*taxa*.

    *placa*/s.f./*1*. Lámina dun material duro, plana, de grosor
    uniforme e delgada en relación co seu tamaño. /Unha placa de
    cemento, de vidro./ CF. */prancha/*/./ *2*. Anaco de metal,
    madeira, etc., cunha inscrición. /Unha placa de policía. A placa
    da matrícula. No parque hai unha placa de bronce en conmemoración
    do acontecemento./

    Se queredes discutimos sobre o valor que non recolle: o de soporte
    de almacenamento de datos dixitais

    tarxeta/cartón/placa de memoria?

    Sería logo tarxeta/cartón/placa PCMCIA?
    Seria logo tarxeta/cartón de embarque?
    Xa que a RAG non o fai, alguén considerou os valores despectivos
    que ten para os falantes o concepto "de cartón" ou o confuso que
    é, de saída, dicirlle a un usuario que estrea máquina «Introduza o
    cartón do PC»?
    :-D







    2011/1/4 damufo <dam...@gmail.com <mailto:dam...@gmail.com>>

        Cartón de memoria??


        En 2010/12/30 14:27, Antón Méixome escribiu:

            Non sei se é real o que aquí se di e desde logo falta
            absolutamente o concepto "cultura libre"

            http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal


            _______________________________________________
            Proxecto mailing list
            Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
            http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

        _______________________________________________
        Proxecto mailing list
        Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
        http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a