máis elementos
http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/jingle.html


2011/1/4 damufo <dam...@gmail.com>

> Eu iríame ás recomendación da rae (se non me erro, feita nas ultima norma,
> a que acaba de saír), adaptación:
> llingel
>
>
>
>
> En 2011/01/04 12:13, Antón Méixome escribiu:
>
>> Difícil. O que determina a escrita destas palabras é a pronuncia
>> frecuente: [yíngel] > /jingle/
>>
>> Eu non o traduciría pero si que o marcaría como voz inglesa, en cursiva.
>> Sería como («/jet/»).
>> Temos algún caso recollido tal cal do inglés na norma como o de jockey
>> (sen cursiva pois, e pronuncia [ioki]) ou jazz. Para iso se di que as letras
>> -j-, -w- e -y- son complementarias do alfabeto.
>>
>> A outra opción, que non recomendo, sería a adaptación. Habería dúas
>> opcións
>>
>> - Iingle? Non o vexo posible nin usado. A adaptación co -I- dáse sobre
>> todo en ditongos (como «iudo»)
>> - Xingle? Adaptación como consoante, tipo «xúnior». Non a adecuada porque
>> nos apartamos da pronuncia coñecida e habitual  e debido a que queda ser
>> resolver o principal que é a pronuncia da sílaba -gle- [gel], así que por un
>> lado se forzaría a adaptación e por outro non se chega a nada. Non sei  por
>> que pero en galego soamente adaptamos con -x- os estranxeirismos que nos
>> chegan a través do castelán e se adaptan aí como -j- (jersey > xersei;
>> jeque> xeque). En cambio, se o castelán non os adapta á pronuncia -j- entón
>> deixámolos tal cal : jet set, ionqui.
>>
>> Por outro lado se as palabras son antigas ou do fondo histórico cultural
>> entón é máis habitual a consoante. Lóxico: Xerusalén, Xehová, xota, ...
>>
>> Resumidamente
>> Son casos soltos e contados. O galego non ten normas fixas nestes casos e
>> a normativa menos. Van os casos asegún...
>>
>>
>>
>> 2011/1/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com <mailto:mbouz...@gmail.com>>
>>
>>
>>    Quería recibir opinións sobre se traducir ou non, eu creo que non,
>>    xa que é un termo xa alcuñado na terminoloxía radiofónica, o termo
>>    «jingle»
>>    http://en.wikipedia.org/wiki/Jingle
>>    http://es.wikipedia.org/wiki/Jingle
>>
>>    En todo caso, cambiamos o J polo dobre l fonético ?? ... eu
>>    deixaría sempre «jingle» mais a ver que opinan os lingüistas ou
>>    quen teña mais e mellor información ca min.
>>
>>    _______________________________________________
>>    Proxecto mailing list
>>    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
>>
>>    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a