É para A batalla por Wesnoth, as datas das partidas gardadas.

> E facendo un wrapper que pase o %b ou %B a unha tolower ou asín?

Iso é o que me gustaría facer. Como non é no medio dunha cadea, facer que todo 
o contido da cadea pasase antes por tolower() debería funcionar. O problema é 
que non sei como coarllo dende o .po.  Probei con «"tolower("%d de %B")"», 
escapando as comiñas dobres, e mesmo empregando comiñas simples para rodear a 
cadea, pero os dous primeiros casos imprimen o tolower(), e o último non 
compila porque non recoñece a “palabra clave” tolower. Vamos, que esta sería a 
solución ideal (por iso de non complicarlle a vida ao encargado da 
internacionalización) pero non teño nin idea de como facelo.

> Opción B: Usa o Transcript (L20n para os Mozilla fanboys)
> 
> http://techbase.kde.org/Localization/Concepts/Transcript
> 
> curiosamente, un dos exemplos fai precisamente o contrario diso que
> ques: pasa a maiúsculas.

Moi interesante. Pero se a opción A é posible (se sabedes como facelo) prefiro 
optar por ela polo antes comentado. Esta segunda opción parece que lle 
complicaría moito a vida ao encargado da internacionalización, e dado que só 
necesito o cambio nunha cadea (3 de Xanerio → 3 de xaneiro), mellor sería 
optar por 03/01/2011 e non complicarlles a vida.

Grazas pola información, non tiña nin idea. Hei de telo en conta se me atopo 
con algunha cadea en KDE que o requira :)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a