Boas.

Non sei se se discutiu isto antes. Mirei en Open-tran e non me di
nada. Estou revisando NetBeans para ver se fago outro pouquiño ao
longo deste ano, para que o proxecto non decaia. O tema está en que me
atopo co seguinte termo:

Issue (problema, erro, incidencia, ...)

Problem sería problema
Error sería erro
Fail sería fallo
Crash sería falla

Máis ou menos creo que a cousa está así.

En castelán e catalán, issue é incidencia, polo menos, no contexto que
estou a traballar, tradúceno así. Os franceses creo que anomalía.

Agora poño unha serie de cadeas para que vexades, como pode quedar a
cousa. O contexto, debe ser un buzilla, Jira, ou semellantes, xa que
se asocia a ese aplicativo.

Ingleś, francés, catalán, castelán
Issue, anomalies, Incidència, Incidencias
Issue Tracking, Gestion des anomalies, Seguiment d'incidències,
Seguimiento de Incidencias
Issue Tracking Systems\:, Systèmes de gestion d'anomalies\:, Sistemes
de seguiment , Sistemas de Seguimiento de Incidencias\:d'incidències\:
New Issue, Nouvelle anomalie, Nova incidència,
List of issues, Liste des anomalies, Llistat d'incidències,
Issue Summary, Résumé de l'anomalie, Resum de la incidència, Resumen
de la incidencia
Jira Issue Tracker, Outil de suivi d'anomalies JIRA, Seguidor
d'incidències JIRA, Rastreador de incidencias JIRA
Report Issue..., Signaler une anomalie..., Informar d'una
incidència..., Reportar incidencia...
Report a New Issue, Rapporter une nouvelle anomalie, Informar d'una
nova incidència
Issue Tracker:, Gestionnaire d'anomalies:, Inspector d'incidències:,
Trazador de incid&encias:
Create Issue Tracker, Créer un gestionnaire d'anomalies, Crear
inspector d'incidències...

En castelán aínda non o teñen moi claro, xa que hai veces que non
traducen issue (o deixan tal cal) e despois mesturan. Que opinades. En
principio en galego estase empregando problema e seguimento de
problemas, pero non me convence nada. Gústame o de incidencia e o de
rastreador/xestor/inspector para o de tracker. Que decides?

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a