2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> > Problem sería problema
> > Error sería erro
> > Fail sería fallo
> > Crash sería falla
>
> Aquí teño eu un problema con "falla". Inda que o vexo recollido como
> sinónimo de "fallo" tiña entendido que non se recomendaba.Pódeo confirmar
> alguén?.
>
> RAG97: falla1: SIN. carencia. A falla de costume impídelle facer ben o
>> traballo. 3. O que quita perfección a algo. Unha táboa con moitas fallas.
>> SIN. fallo.Unha persoa sen a primeira falla. SIN. defecto, imperfección,
>> tacha. s Á falla de. Botar en falla. Facer falla.
>
>  V. falta. u SIN. falta.
>
> Estraviz: (4) fig. Defeito, mácula. Ausência de algo: discurso com falhas.
>
>
>
> En todo caso, usar fallo e falla (sinónimos) faría que equipararamos "fail"
> (non ter éxito algo) e "crash" (unha aplicación deixa de funcionar
> abruptamente, por un fallo ou erro). Deixaría para crash "peche inesperado".
> Inda que vexo
>
> En canto a issue:
> Véxase:
> Longman
> Cambrige online:
>

Desculpade, teño lesionada unha man e fóiseme o darlle ao enter xD

Dícia que vexo que para crash en pt_PT empregan "estoirar" e en pt_BR
"travar". Máis suxerencias/opinións?.

Logo en canto a issue, concordo co apuntamento que fai fran de non quedar no
de "incidencia", que inda que me parece o máis axeitado para o caso non será
 única tradución posible. "Issue" amais de ser un "número" ou "edición"
dunha revista, é unha disputa, conflicto entre varios. Ao longman me
remito: http://www.ldoceonline.com/dictionary/issue_1  . Para algunha dos
contextos que di keko, igual ata "abrir seguimento" sería o máis correcto,
porque igual non necesariamente se abre unha "incidencia" por un "fallo" ou
"peche inesperado" (que é o que evoca incidencia).

Saúdos
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a