2011/1/7 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>> Send "keep-alive" packets (to prevent timeouts) -> keep alive como o
>>> traduzo?
>>
>> Propoño
>> paquetes para avivecer/avivar a conexión
>>
>
> "keep-alive conexion": é algo así como unha "conexión persistente", Se
> non me equivoco, os k-a packets son paquetes que se envían co único
> propósito de manter activa a conexión, polo que pode ser tamén:
>  Enviar paquetes de conservacion/garda/sustento/mantemento da conexión
> ou máis aínda
> Enviar paquetes de persistencia da conexión (por iso de usar o lema persist-)

O que di Villarino é que Microsoft distingue o método de conexións
persistentes do das "keep-alive" e que estas últimas non as traduce. A
forma inglesa desde logo é un truño estilo indio  "eu-comer-pescado"
:-P

Ademais de investigar ben o significado, para unha solución haberá que
recoller todos os usos posibles do "keep-alive" xa que me temo que son
complexos e se cadra ata é necesario crear un termo na liña metafórica
do inglés.


> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a