Eu o que vexo é que ninguén definiu o concepto do que estamos falando,
e dado que "issue" tradúcese dun xeito ou doutro dependendo do
contexto, creo que é importante definir o concepto.

Por certo, en outros contextos ou ámbitos creo que se pode traducir
como "asunto" ou "tema".

Deica.

2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>
>
> 2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>
>> > Problem sería problema
>> > Error sería erro
>> > Fail sería fallo
>> > Crash sería falla
>>
>> Aquí teño eu un problema con "falla". Inda que o vexo recollido como
>> sinónimo de "fallo" tiña entendido que non se recomendaba.Pódeo confirmar
>> alguén?.
>>
>>> RAG97: falla1: SIN. carencia. A falla de costume impídelle facer ben o
>>> traballo. 3. O que quita perfección a algo. Unha táboa con moitas fallas.
>>> SIN. fallo.Unha persoa sen a primeira falla. SIN. defecto, imperfección,
>>> tacha. s Á falla de. Botar en falla. Facer falla.
>>>
>>> V. falta. u SIN. falta.
>>>
>>> Estraviz: (4) fig. Defeito, mácula. Ausência de algo: discurso com
>>> falhas.
>>
>> En todo caso, usar fallo e falla (sinónimos) faría que equipararamos
>> "fail" (non ter éxito algo) e "crash" (unha aplicación deixa de funcionar
>> abruptamente, por un fallo ou erro). Deixaría para crash "peche inesperado".
>> Inda que vexo
>> En canto a issue:
>> Véxase:
>> Longman
>> Cambrige online:
>
> Desculpade, teño lesionada unha man e fóiseme o darlle ao enter xD
> Dícia que vexo que para crash en pt_PT empregan "estoirar" e en pt_BR
> "travar". Máis suxerencias/opinións?.
> Logo en canto a issue, concordo co apuntamento que fai fran de non quedar no
> de "incidencia", que inda que me parece o máis axeitado para o caso non será
>  única tradución posible. "Issue" amais de ser un "número" ou "edición"
> dunha revista, é unha disputa, conflicto entre varios. Ao longman me
> remito: http://www.ldoceonline.com/dictionary/issue_1  . Para algunha dos
> contextos que di keko, igual ata "abrir seguimento" sería o máis correcto,
> porque igual non necesariamente se abre unha "incidencia" por un "fallo" ou
> "peche inesperado" (que é o que evoca incidencia).
> Saúdos
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a