Boas.

Vexo que a palabra se emprega moito e ten varios significados. Sendo
egoísta, no meu caso particular vedes ben o de incidencia, ou non?

E así, podería quedar algo como:

Issue -> Incidencia
New Issue -> Nova incidencia
List of issues -> Lista de incidencias
Issue Summary -> Resumo da incidencia
Report Issue... -> Informar dunha incidencia
Report a New Issue -> Informar dunha nova incidencia
Issue Tracking -> Seguimento de incidencias
Issue Tracking Systems -> Sistemas de seguimento de incidencias
Issue Tracker -> Seguidor de incidencias (Xestor, inspector, trazador,
rastreador como o vedes?)
Create Issue Tracker -> Crear un seguidor de incidencias
Jira Issue Tracker -> Seguidor de incidencias JIRA

As tres última, son as que peor levo. Poderíalle acaer a tracker o de
xestor, inspector, trazador ou rastreador (que non sei como sería en
galego) en ver de seguidor. Se vexo que non hai consenso ou que a
cousa se atranca, optarei por seguidor, xa que parece que lle acae ben
aínda que nalgúns casos forzado. Así polo menos unifico a tradución ao
longo do aplicativo.

Saúdos.

PD: vexo que o termo issue e os seus diferentes conceptos (se o digo
ben) poderían entrar a debate na próxima trasnada, xa que é unha
palabra con moitas acepcións e que estaría ben fixala antes de que
arraigue cunhas traducións pouco axeitadas en cada contexto
particular.

2011/1/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Eu o que vexo é que ninguén definiu o concepto do que estamos falando,
> e dado que "issue" tradúcese dun xeito ou doutro dependendo do
> contexto, creo que é importante definir o concepto.
>
> Por certo, en outros contextos ou ámbitos creo que se pode traducir
> como "asunto" ou "tema".
>
> Deica.
>
> 2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>>
>>
>> 2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>>
>>> > Problem sería problema
>>> > Error sería erro
>>> > Fail sería fallo
>>> > Crash sería falla
>>>
>>> Aquí teño eu un problema con "falla". Inda que o vexo recollido como
>>> sinónimo de "fallo" tiña entendido que non se recomendaba.Pódeo confirmar
>>> alguén?.
>>>
>>>> RAG97: falla1: SIN. carencia. A falla de costume impídelle facer ben o
>>>> traballo. 3. O que quita perfección a algo. Unha táboa con moitas fallas.
>>>> SIN. fallo.Unha persoa sen a primeira falla. SIN. defecto, imperfección,
>>>> tacha. s Á falla de. Botar en falla. Facer falla.
>>>>
>>>> V. falta. u SIN. falta.
>>>>
>>>> Estraviz: (4) fig. Defeito, mácula. Ausência de algo: discurso com
>>>> falhas.
>>>
>>> En todo caso, usar fallo e falla (sinónimos) faría que equipararamos
>>> "fail" (non ter éxito algo) e "crash" (unha aplicación deixa de funcionar
>>> abruptamente, por un fallo ou erro). Deixaría para crash "peche inesperado".
>>> Inda que vexo
>>> En canto a issue:
>>> Véxase:
>>> Longman
>>> Cambrige online:
>>
>> Desculpade, teño lesionada unha man e fóiseme o darlle ao enter xD
>> Dícia que vexo que para crash en pt_PT empregan "estoirar" e en pt_BR
>> "travar". Máis suxerencias/opinións?.
>> Logo en canto a issue, concordo co apuntamento que fai fran de non quedar no
>> de "incidencia", que inda que me parece o máis axeitado para o caso non será
>>  única tradución posible. "Issue" amais de ser un "número" ou "edición"
>> dunha revista, é unha disputa, conflicto entre varios. Ao longman me
>> remito: http://www.ldoceonline.com/dictionary/issue_1  . Para algunha dos
>> contextos que di keko, igual ata "abrir seguimento" sería o máis correcto,
>> porque igual non necesariamente se abre unha "incidencia" por un "fallo" ou
>> "peche inesperado" (que é o que evoca incidencia).
>> Saúdos
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a