2011/1/8 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Boas.
>
> Vexo que a palabra se emprega moito e ten varios significados. Sendo
> egoísta, no meu caso particular vedes ben o de incidencia, ou non?
>
> E así, podería quedar algo como:
>
> Issue -> Incidencia
> New Issue -> Nova incidencia
> List of issues -> Lista de incidencias
> Issue Summary -> Resumo da incidencia
> Report Issue... -> Informar dunha incidencia
> Report a New Issue -> Informar dunha nova incidencia
> Issue Tracking -> Seguimento de incidencias
> Issue Tracking Systems -> Sistemas de seguimento de incidencias
> Issue Tracker -> Seguidor de incidencias (Xestor, inspector, trazador,
> rastreador como o vedes?)
> Create Issue Tracker -> Crear un seguidor de incidencias
> Jira Issue Tracker -> Seguidor de incidencias JIRA
>
> As tres última, son as que peor levo. Poderíalle acaer a tracker o de
> xestor, inspector, trazador ou rastreador (que non sei como sería en
> galego) en ver de seguidor. Se vexo que non hai consenso ou que a
> cousa se atranca, optarei por seguidor, xa que parece que lle acae ben
> aínda que nalgúns casos forzado. Así polo menos unifico a tradución ao
> longo do aplicativo.
>
> Saúdos.
>
> PD: vexo que o termo issue e os seus diferentes conceptos (se o digo
> ben) poderían entrar a debate na próxima trasnada, xa que é unha
> palabra con moitas acepcións e que estaría ben fixala antes de que
> arraigue cunhas traducións pouco axeitadas en cada contexto
> particular.

Eu usaría "incidencia" sendo este o contexto. E para "tracker" quizais
usaría "xestor", aínda que hai outras traducións que non me convencen
moito.

> 2011/1/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> Eu o que vexo é que ninguén definiu o concepto do que estamos falando,
>> e dado que "issue" tradúcese dun xeito ou doutro dependendo do
>> contexto, creo que é importante definir o concepto.
>>
>> Por certo, en outros contextos ou ámbitos creo que se pode traducir
>> como "asunto" ou "tema".
>>
>> Deica.
>>
>> 2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>>>
>>>
>>> 2011/1/7 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>>>
>>>> > Problem sería problema
>>>> > Error sería erro
>>>> > Fail sería fallo
>>>> > Crash sería falla
>>>>
>>>> Aquí teño eu un problema con "falla". Inda que o vexo recollido como
>>>> sinónimo de "fallo" tiña entendido que non se recomendaba.Pódeo confirmar
>>>> alguén?.
>>>>
>>>>> RAG97: falla1: SIN. carencia. A falla de costume impídelle facer ben o
>>>>> traballo. 3. O que quita perfección a algo. Unha táboa con moitas fallas.
>>>>> SIN. fallo.Unha persoa sen a primeira falla. SIN. defecto, imperfección,
>>>>> tacha. s Á falla de. Botar en falla. Facer falla.
>>>>>
>>>>> V. falta. u SIN. falta.
>>>>>
>>>>> Estraviz: (4) fig. Defeito, mácula. Ausência de algo: discurso com
>>>>> falhas.
>>>>
>>>> En todo caso, usar fallo e falla (sinónimos) faría que equipararamos
>>>> "fail" (non ter éxito algo) e "crash" (unha aplicación deixa de funcionar
>>>> abruptamente, por un fallo ou erro). Deixaría para crash "peche 
>>>> inesperado".
>>>> Inda que vexo
>>>> En canto a issue:
>>>> Véxase:
>>>> Longman
>>>> Cambrige online:
>>>
>>> Desculpade, teño lesionada unha man e fóiseme o darlle ao enter xD
>>> Dícia que vexo que para crash en pt_PT empregan "estoirar" e en pt_BR
>>> "travar". Máis suxerencias/opinións?.
>>> Logo en canto a issue, concordo co apuntamento que fai fran de non quedar no
>>> de "incidencia", que inda que me parece o máis axeitado para o caso non será
>>>  única tradución posible. "Issue" amais de ser un "número" ou "edición"
>>> dunha revista, é unha disputa, conflicto entre varios. Ao longman me
>>> remito: http://www.ldoceonline.com/dictionary/issue_1  . Para algunha dos
>>> contextos que di keko, igual ata "abrir seguimento" sería o máis correcto,
>>> porque igual non necesariamente se abre unha "incidencia" por un "fallo" ou
>>> "peche inesperado" (que é o que evoca incidencia).
>>> Saúdos
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a