2011/1/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/1/11 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>> O problema é que no medio da discusión estanse presentando conceptos
>> distintos para o «binding» de programación (non de UI) en inglés.
>>
>> concordo con JMCS na súa mensaxe
>> http://www.trasno.net/lurker/message/20091029.131940.4b95fb7c.gl.html
>> e como ben asevera Miguel
>> http://www.trasno.net/lurker/message/20091029.132459.22e2171b.gl.html
>> e finalmente Antón define como argot
>> http://www.trasno.net/lurker/message/20091029.141836.4ea22045.gl.html
>>
>> polo tanto o fío de discusión non quedou pechado.
>>
>> A miña proposta vai pola vía de Antón, clasificalo como argot de
>> desenvolvedores e non traducilo.
>
> Entón ao final «vínculo» non vale porque non se entende a que nos
> refirimos, «interface» tampouco porque xa se usa para outros termos
> pertencentes a ese ámbito, e hai mensaxes tanto no fío antigo como no
> actual onde se comenta que sería preferible non traducilo. Para apoiar
> este último punto só indicar que na Wikipedia pon que se usa «binding»
> tanto para o castelán, como o italiano e incluso o francés:
> http://fr.wikipedia.org/wiki/Binding
>
> Paréceme un pouco raro que os franceses aceptaran unha palabra
> inglesa, pero iso é o que supostamente pasou.
>
> Deica.
>
>> O Mar, 11-01-2011 ás 14:41 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
>>> Perdón por non incluir unha ligazón ao fío, pero pensaba que o Lurker
>>> non rulaba, pero agora que comprobei que estaba equivocado envíovos
>>> aquí a ligazón ao fío onde este termo xa se discutira:
>>> http://www.trasno.net/lurker/thread/20091028.214103.fcee60e1.gl.html#20091028.214103.fcee60e1
>>>
>>> 2011/1/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> > Isto xa se discutiu hai menos dun ano.
>>> >
>>> > 2011/1/11 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>>> >> eu non o quixen dicir pero estou contigo, se a un programador ou persoa
>>> >> tecnica non lle soltas o palabro bindings non se entera.
>>> >>
>>> >> O Mar, 11-01-2011 ás 08:19 +0100, mvillarino escribiu:
>>> >>> > estou revisando a tradución do Pitivi onde se fan referencias aos
>>> >>> > «bindings» de Python, os cales cales está traducidos como 
>>> >>> > «interfaces».
>>> >>>
>>> >>> Duas cousas:
>>> >>>
>>> >>> Interface eu non a usaría, pois xa é outra cousas, sexa explícita (p.
>>> >>> ex. en Java) ou implícita (clases puramente virtuais en C+++) e
>>> >>> utilízanse para outras cousas, como definición de requirimentos a
>>> >>> satisfacer por un produto.
>>> >>>
>>> >>> Para os bindings de linguaxes de programación
>>> >>> http://en.wikipedia.org/wiki/Language_binding eu non os traduciría.

Hai que ir cerrando o tema. Anglicismo puro e duro ou adaptación?

Paréceme razoable que non se traduzan (tampouco os pintores traducen
sempre o sfumato nin os músicos o arpegio)  pero entón hai que definir
moi claramente os conceptos que si teñen equivalente e os que
"deixamos". Existe tamén a opción de adaptalo foneticamente, como
"bindin", como se fixo con «mitin». A medio prazo :-D

Volvendo ao concepto, en xeral, un "binding" é un vínculo, unha
ligazón, e poden ser de varios tipos. En informática temos

key bindings  > asociacións de teclas
filename bindings > asociacións de nomes
data binding > asociación de datos
search bindings > interfaces de busca
... en todos eses casos a localización xa está realizada e funciona ben

binding (de linguaxe informática)

Valería esta definición?

Contexto: linguaxe de compilador, programación
Definición: Proceso de conversión, asignación ou combinación de
referencias lóxicas en enderezos físicos.
Atribución de tamaño/valor a unha variable

Exemplo: binding de Python/MySQL, etc.
Proceso de binding (compilación en Netbeans)

So este concepto sería o que non se deixa co anglicismo. Entendo eu.

Pensade que "binding" é unha palabra moi produtiva en inglés, talmente
como o noso vínculo en moi diversos campos de coñecemento

binding +
 sample
 angle
 saw
 screw
 screw terminal
 sheet
 site
 slip
 specimen
 stay
 stone
 strength
 strength
 substance




>>> >>> _______________________________________________
>>> >>> Proxecto mailing list
>>> >>> Proxecto@trasno.net
>>> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >>
>>> >> _______________________________________________
>>> >> Proxecto mailing list
>>> >> Proxecto@trasno.net
>>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >>
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a