Eu concordo,
logo de pensar por algunhas horas outros usos posíbeis de «binding»,
cando menos nos computadores, cheguei á mesma lista que a que expuxeches
no anterior correo.

Concordo en que non deixa de ser unha asignación, ponte ou «tradución»
entre as chamadas internas dunha linguaxe de programación a outra sen
ter que pasar por servizos intermedios e con isto perder rendemento.

Neste caso o argumento de argot pesa moito xa que a un usuario nunca,
repito NUNCA, debería de mostrárselle este tipo de mensaxes e quedaría,
polo tanto reservado a persoas desenvolvedoras de software que si saben
do que estamos a falar sempre que respectemos o anglicismo.

Dita esta parrafada, eu concordo en deixar este concepto e uso en
particular sen traducir.

Saúdos
-- 
Fran Diéguez
Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


O Mar, 11-01-2011 ás 20:43 +0100, Antón Méixome escribiu:
> 
> > So este concepto sería o que non se deixa co anglicismo. Entendo eu.
> 

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a