En 2011/01/11 21:17, Leandro Regueiro escribiu:
Isto xa case valería como queixa formal :)
+1
2011/1/11 Antón Méixome<cert...@certima.net>:
O consumo de recurso non é o tema.

Por favor consultade a páxina. Presentación e obxectivos
http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2011_01_10_rexistro_demandantes.html

Obrígase a usar unha tecnoloxía propietaria para navegar, sobre uns
mapas privados cando hai servizos públicos dispoñibles.
Obrígase a usar un SO privado e de pago cando os hai libres e que
cumpren os estándares que a propia Administración promove.
Obriga a instalar un soft. específico privado para algo que se pode
facer con estándares abertos e con métodos alternativos accesibles e
moito máis económicos.

Veta o acceso aos cidadáns que non teñen eses recursos ao alcance, sen
alternativa
O anuncio trata precisamente de ofrecer información para o acceso aos
servizos de banda larga á poboación que non a ten e aos que hai que
presumirlles uns coñecementos de navegación e de recursos informáticos
moi limitados
Veta o acceso a esa información por calquera outro medio informativo
igualmente a calquera Admón ou servizo público que non teña Windows ou
Mac (eu estou nese caso precisamente)
Limita o acceso á Administración municipal ao que se dirixe porque ao
aloxar o mapa en google maps dependerá se tal conexión está autorizada
no proxy da rede municipal (por exemplo o implantado pola Deputación
da Coruña). Compromete aos administradores de sistemas a aceptar a
instalación de software sobre o que non teñen control nin agora nin no
futuro.

Se o cidadán accede desde un computador público, dun ciber ou dun
amigo, comprométeo ao instalarlle nese equipo, para o cal quizais non
ten permiso un programa. Isto agrávase no sentido de que debería ser
unha información actualizable e por tanto que haberia que consultala
frecuentemente, probablemente desde difrentes equipos e situacións...
e sempre habería que estar obtendo ese software, do que ninguén
garante a súa seguridade, dispoiñibilidade ou fiabilidade.

Malgasta recursos, tan escasos hoxe na Admón, para facer algo que non
foi pedido nin é útil, nin crea valor ningún. Financiado con fondos
europeos
Non cumpre coa carta de dereitos dos cidadáns respecto do acceso aos
servizos públicos
Non cumpre coa propia declaracińo de principios de accesibilidade que
a Xunta coloca nesa páxina, como se a cumprira
Probablemente tampouco se usan mapas que respecten a toponimia
oficial. Asunto clave tratándose de información oficial

Ah, e non se vos ocorra premer sobre o botón de queixas e suxestións
porque sae un gremlin do Ministerio de Idustria ou da Xunta e fai non
se sabe que, grazas ao DNI electrónico... "Os usuarios sen cobertura
poderán cubrir un formulario" ... é como?

Bah! cánsome de describir esta metedura de pata, que lle pon o ramo
das incongruencias directamente responsabilidade da SXMIT. En non sei
se sodes conscientes da realidade a pé de concello rural e o río de
euros que se están gastando.

Menos mal que en Dodro, en pleno centro da columna vertebral da
Galicia avanzada, unha graciosa compañía internacional ofrece
conexións vía satélite.




2011/1/11 Anxo Outeiral Vidal<bassbal...@gmail.com>:
E tamén que o Google Earth executándose no navegador consume máis que o
maps.

2011/1/11 Leandro Regueiro<leandro.regue...@gmail.com>
2011/1/11 Anxo Outeiral Vidal<bassbal...@gmail.com>:
Eu podo acceder á outra información, pero non ao goole Earth!

Será realmente necesario usar Google Earth? Non lles valeria o simple
Google Maps?

2011/1/11 Antón Méixome<cert...@certima.net>
Hai que denunciar isto publicamente.

Non podo acceder á información !!!!

http://cobertura-pdbl.xunta.es/

10/01/11 (14:25) A Secretaría Xeral de Modernización pon en marcha un
rexistro de demandantes para consultar a situación de cobertura do
Plan de Banda Larga .

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



--
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/
aovi...@jabberes.org

Un saúdo!

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


--
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/
aovi...@jabberes.org

Un saúdo!

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a