Pondus emprega gettext.

O que si que terá é que informar aos desenvolvedores non sexa que alguén
estea a traballar xa na tradución, e para acordar a forma de envío.

Se vai seren a súa primeira tradución, suxeriríalle que enviara á lista o
resultado do seu traballo, para que os que saiban desa materia poidan
corrixilo se for preciso, e orientalo respecto dos acordos de terminoloxía.

2011/1/12 Xose M <pikam...@gmail.com>

> benvido  ;)
>
> con respecto a Pondus vaite á páxina do(s) creador(es) do programa e mira
> se o teñen deseñado para poder ser usado en distintas linguas así como o
> método que usan para tal fin. Seguramente che axudarán a facelo pois vai no
> seu interese.
>
> 2011/1/12 Anxo TAto <eupi...@gmail.com>
>
>> Ola!
>>
>>
>> Chámome Anxo e veño de subscribirme á lista de correo de Trasno. Son de
>> Touro (A Coruña) e estou estudando Telecomunicacións en Vigo. Levo unha
>> temporada usando software libre (versión para netbook de Ubuntu) e
>> gustaríame colaborar na traducción de aplicacións ao galego. Como podo
>> comezar? Podería traducir Pondus? Un programa para controlar o peso no que
>> vas facendo entradas e vaiche gardando os distintos pesos e despois podes
>> facer gráficas, etc. Parece bastante sinxelo o programa en sí. Está xa
>> traducido ou estao facendo alguén?
>>
>> Saúdos
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
>
> --
> *Xose M*
> ----------------
> Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
> ----------------
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a