En 2011/01/11 22:10, Fran Dieguez escribiu:
Eu concordo,
logo de pensar por algunhas horas outros usos posíbeis de «binding»,
cando menos nos computadores, cheguei á mesma lista que a que expuxeches
no anterior correo.

Concordo en que non deixa de ser unha asignación, ponte ou «tradución»
entre as chamadas internas dunha linguaxe de programación a outra sen
ter que pasar por servizos intermedios e con isto perder rendemento.

Neste caso o argumento de argot pesa moito xa que a un usuario nunca,
repito NUNCA, debería de mostrárselle este tipo de mensaxes e quedaría,
polo tanto reservado a persoas desenvolvedoras de software que si saben
do que estamos a falar sempre que respectemos o anglicismo.

Dita esta parrafada, eu concordo en deixar este concepto e uso en
particular sen traducir.

Nese caso faría a adaptación fonética bindin/s. No caso de poñela sen traducir «binding» habería que poñela sempre entre vírgulas, cursiva... (ou o que corresponda) para indicar que é un termo sen traducir. Por iso para evitar as vírgulas, cursiva... faría a adaptación fonética.

Saúdos


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a