Benvido Anxo.
Eu tamén che son de Touro. Así que se algún día necesitas axuda
podemos quedar por alí.

Polo que vexo Pondus xestiona as traducións con Transifex:
https://www.transifex.net/projects/p/pondus/resource/translations/
pero non ten o .pot dispoñible para descargar, polo que ou se usa o
ficheiro .pot que hai en
https://bitbucket.org/eike/pondus/src/405d00ea8cd3/po/ (que podería
estar desactualizado) ou se fai o que comentou Bouzada nunha mensaxe
anterior sobre o que pon no ficheiro README.

Por favor, envíanos a túa tradución cando a remates para que poidamos
revisala e aconsellarche como corrixir os erros que poida haber, e non
dubides en preguntar se tes calquera dúbida por moi parva que che
pareza, que ninguén naceu sabendo.

Deica

2011/1/12 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Como info adicional...
> para calquera cousa, podes atoparme os luns e mércores de 11:30 a 13:00 na
> FFT, pavillón C Edif Newton, 2º of 5 (GRUVI) aí na UVigo  (edicicios do
> antigo CUVI)
>
> 2011/1/12 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>
>>
>> Benvido Anxo! ;-) Penso que xa somos dous jeje!
>>
>> Ahí vai a miña pequena axuda. Deixoche unha lista de recursos propios de
>> Trasno e non propios, é dicir, nestas páxinas webs, poderás buscar termos en
>> inglés, e ver as posibles traducións ao galego:
>>
>> Tiboxe
>> Glósima
>> Volga
>> Recursos Wiki Trasno
>> Termos frecuentes Wiki Trasno
>>
>> Seguramente falten algúns máis importantes, pero estes son fundamentais
>> :-)
>>
>> Logo, se queres podes contactar con algún de nós mediante o IRC. Aínda que
>> case normalmente só estamos conectados Adrián, Bouzada e máis eu. Pero
>> bueno, é unha ferramenta de comunicación útil e en tempo real.
>>
>> 2011/1/12 mvillarino <mvillar...@gmail.com>
>>>
>>> Olá,
>>> benvido
>>>
>>> 2011/1/12, Anxo TAto <eupi...@gmail.com>:
>>> > Ola!
>>> >
>>> > Chámome Anxo e veño de subscribirme á lista de correo de Trasno. Son de
>>> > Touro (A Coruña) e estou estudando Telecomunicacións en Vigo. Levo unha
>>> > temporada usando software libre (versión para netbook de Ubuntu) e
>>> > gustaríame colaborar na traducción de aplicacións ao galego. Como podo
>>> > comezar? Podería traducir Pondus? Un programa para controlar o peso no
>>> > que
>>> > vas facendo entradas e vaiche gardando os distintos pesos e despois
>>> > podes
>>> > facer gráficas, etc. Parece bastante sinxelo o programa en sí. Está xa
>>> > traducido ou estao facendo alguén?
>>> >
>>> > Saúdos
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>> --
>> http://trasno.net/
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> http://www.jabberes.org/
>> aovi...@jabberes.org
>>
>> Un saúdo!
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a