2011/1/12 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> En 2011/01/11 22:10, Fran Dieguez escribiu:
>>
>> Eu concordo,
>> logo de pensar por algunhas horas outros usos posíbeis de «binding»,
>> cando menos nos computadores, cheguei á mesma lista que a que expuxeches
>> no anterior correo.
>>
>> Concordo en que non deixa de ser unha asignación, ponte ou «tradución»
>> entre as chamadas internas dunha linguaxe de programación a outra sen
>> ter que pasar por servizos intermedios e con isto perder rendemento.
>>
>> Neste caso o argumento de argot pesa moito xa que a un usuario nunca,
>> repito NUNCA, debería de mostrárselle este tipo de mensaxes e quedaría,
>> polo tanto reservado a persoas desenvolvedoras de software que si saben
>> do que estamos a falar sempre que respectemos o anglicismo.
>>
>> Dita esta parrafada, eu concordo en deixar este concepto e uso en
>> particular sen traducir.
>
> Nese caso faría a adaptación fonética bindin/s. No caso de poñela sen
> traducir «binding» habería que poñela sempre entre vírgulas, cursiva... (ou
> o que corresponda) para indicar que é un termo sen traducir. Por iso para
> evitar as vírgulas, cursiva... faría a adaptación fonética.

Para min a única dúbida agora (falando só do concepto este) é decidir
se usamos «binding» ou «bindin».

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a