On 12/01/11 00:52, Anxo TAto wrote:
Ola!

Chámome Anxo e veño de subscribirme á lista de correo de Trasno. Son de Touro (A Coruña) e estou estudando Telecomunicacións en Vigo. Levo unha temporada usando software libre (versión para netbook de Ubuntu) e gustaríame colaborar na traducción de aplicacións ao galego. Como podo comezar? Podería traducir Pondus? Un programa para controlar o peso no que vas facendo entradas e vaiche gardando os distintos pesos e despois podes facer gráficas, etc. Parece bastante sinxelo o programa en sí. Está xa traducido ou estao facendo alguén?

Saúdos

Ola Anxo!

Alégrame ver que segues adiante!. Como podes comprobar, a xente de Trasno está(mos) encantados de botarlle unha man aos novos :-)

Un saúdo.
    Felipe.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a