Acabo de instalar o LibreOffice e decidin darlle unha vista rápida. Observei o 
seguinte:

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Xeral]
Abrir/Gardar caixas de diálogo -> Caixas de diálogo para abrir e gardar

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Memoria]
Eliminar da memoria despois -> ... despois de/transcorridas/pasadas

En Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Ver hai varias palabras que se ven cortadas 
(pantalla, letra) porque o diálogo non se pode aumentar. Acontece noutros 
lugares do mesmo diálogo. En [Formato/Título de páxina] mesmo se sobrepoñen as 
palabras.

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Camiños]
Camiños -> Rutas (segundo acordo recente)

[Ferramentas/Opcións/Cargar\/Gardar/Compatibilidade con HTML]
Usa 'Inglés (EUA)' para os números -> Usar «Inglés (EUA)» para os números

[Ferramentas/Opcións/Configuración de idioma/Idiomas]
Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon "Predefinido - Galego"; 
debería ser "Predefinida - Galego"

ídem para Configuración local e Moeda predeterminada

[Ferramentas/Opcións/LibreOffice Writer/Táboa] -> Táboas

[Ferramentas/Opcións/Internet/Correo electrónico]
Enviando documentos como anexos de correo electrónico -> Envío de...

[Formato/Carácter/Efectos do tipo de letra]
Esquema -> Contorno ("outline" en inglés pode ser o esquema dun texto, que 
tamén existe en LibreOffice ou, como neste caso, o contorno das letras).

[Formato/viñetas e numeración/Posición]
Na secuencia "Numeración seguida por" [opcións], debe seguir "a" [X cm] e non 
"en".

Igualmente, "Aliñado á" -> "Aliñado a" e "Sangría á" -> "Sangría a"

[Formato/viñetas e numeración/Opcións]
No selector "Numeración", "Ningún" -> "Ningunha"

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a