Ola Marce,

O Lun, 17-01-2011 ás 10:03 +0100, mvillarino escribiu:
> 
> creo que se falou algunha vez de que se presentaron propostas de
> proxectos fin de carreira.
> 
Si, comenteino eu.

> Podedes dar máis detalles ?(do estilo, que parte corresponde a trasno,
> quen e como presenta a solicitude, onde, etc) 

Os proxectos foron presentados pola OSLUSC na USC, a parte que lle
corresponde a Trasno é de definir os requisitos mínimos para que os
produtos nos sexan de valía, xa que imos ser os principais usuarios.

Coméntoche o PFC que se aceptou e ten proxectando asignado desta vez.
Basicamente falamos dun servidor de TMX Open Source que poida xestionar
os seguintes elementos:

  - Usuarios
    - Grupos
    - Permisos
  - Proxectos
    - Versions
    - Apps de proxectos
       - Unidades de tradución
  - Idiomas

O servidor estará feito en PHP e terá un servizo web, probabelmente REST
para a consulta das unidades de tradución segundo os criterios
anteriores.

A idea e que se converta nun servizo máis de Trasno e que poida estar
dispoñíbel por exemplo desde memorias.trasno.net. 

Ademais o proxecto tamén contempla a creación dun engadido para o
Gtranslator que consulte dito servizo web e forneza suxestións sobre as
cadeas a traducir. Este estará feito en Python aproveitando a sinxeleza
da biblioteca libpeas para crear ditos engadidos.

Agardo isto aclare as túas dúbidas.

Saúdos

-- 
Fran Diéguez
Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a