2011/2/2 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>> 2011/1/26 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>> > Retomo este fío xa que no mesmo aplicativo aparéceme:
>>> >
>>> > HEAP SNAPSHOTS
>>> >
>>> > - description: A label for the heap snapshots list (all caps).
>>> >
>>> > Get a heap snapshot by pressing the %{BUTTON} button on the status bar.
>>> >
>>> > - description: Help text on how to get a heap snapshot.
>>> >
>>> > Call Site stack
>>> >
>>> > - description: A label for event call stack
>>> >
>>> > Neste caso, acáeme ben «morea» para Heap..
>>> > para stack é onde volvemos á discusión deste fío :(
>
> Eu máis ben entendo Heap como morea, xa que un Stack é unha estrutura LIFO,
> o que implica un determinado ordenamento dos datos, que non se da nunha
> "morea", podería darse nunha "meda", pero sería FIFO, do lido ata o momento
> o que máis me convence é a proposta de Xusto de "rima", que aínda que non é
> rigorosa (a estrutura de datos da rima), si é máis próxima a algo ordenado
> como LIFO

Son da idea de que pode ser boa idea poñer a tradución en galego e
xusto despois o orixinal entre parénteses.

Aclaremos as cousas porque me da a impresión de que aquí hai unha boa
lea. Estas palabras aplícanse a varios conceptos diferentes.

(1) «heap» é unha estrutura de datos. Basicamente é unha árbore
binaria na que o elemento da cima (o elemento raíz) é maior ou menor
que os seus fillos. Os fillos do elemento raíz á súa vez son maiores
ou iguais que os seus respectivos fillos, etc... ata chegar aos nodos
folla, que non teñen fillos. O de que cada elemento sexa maior ou
menor que os seus fillos depende de se o «heap» é min ou máx. Non é
unha estrutura LIFO nin FIFO. Un dos seus usos é como estrutura de
datos para un algoritmo de ordenación chamado «heapsort». Este «heap»
correspóndese con
http://en.wikipedia.org/wiki/Heap_%28data_structure%29

(2) Hai outro «heap» que está relacionado ca estrutura de memoria dun
proceso. Cando un programa pasa a executarse (é dicir, na creación do
proceso) resérvase un certo espazo de memoria asignado para o proceso
e que se divide en determinadas seccións: unha para o código, outra
para as variables que xa teñen indicado un valor inicial no código
fonte, outra para as que non teñen indicado valor inicial, hai unha
sección onde se gardan os valores das variables das funcións (isto é
un «stack» do que falaremos máis abaixo) e hai unha sección dedicada a
aloxar as variables que se crean dinámicamente (se non me equivoco por
exemplo usando a función malloc de C). Esta última sección é o que se
chama «heap». Máis información en
http://en.wikipedia.org/wiki/Dynamic_memory_allocation

(3) Ademais hai dous «stack». O primeiro deles correspóndese cunha
estrutura de datos LIFO, que sempre se explica co exemplo da «pila de
pratos» (perdón por usar «pila»): cando vas lavar a louza e tes unha
pila de pratos o primeiro prato que se puxo é o de abaixo de todo, que
tamén é o último en lavarse, e o primeiro en lavarse é o último que se
puxo na pila. Tedes máis información en
http://en.wikipedia.org/wiki/Stack_%28data_structure%29

(4) Outras veces vemos por aí «stack» relacionado ca memoria dun
proceso. Como xa comentei na explicación de «heap»(2) máis arriba é
unha zona da memoria dun proceso onde se gardan os valores de cada
instancia en execución das funcións do proceso. Chámase así porque
está relacionado ca idea da «pila de pratos»: unha función en
execución ten uns determinados valores para as súas variables gardados
no «stack» do proceso, e nun momento dado chama a outra función así
que se reserva espazo para gardar os valores das súas variables xusto
enriba de onde se gardaron os valores das variables da función que a
chamou. Desde o meu punto de vista aínda que a isto se lle chame só
«stack» en galego deberiamos traducilo como «XXXX de execución» onde
XXXX será «pila», «morea» ou o que se decida como tradución para
«stack». Podedes obter máis información en
http://en.wikipedia.org/wiki/Process_stack

Ben, agora que os conceptos están mellor ou peor explicados pasemos ao seguinte.

Non sei se «heap»(1) ten algún tipo de relación con «heap»(2), ou polo
menos de forma semellante á relación que parecen ter «stack»(1) e
«stack»(2), de forma que non sei se será boa idea asignarlles
traducións diferentes ou iguais. En todo caso como xa comentei nunha
mensaxe anterior, pode que «montículo» sexa unha tradución aceptable
para «heap»(1): http://www.estraviz.org/mont%C3%ADculo

Para «heap»(2) tense usado «memoria dinámica» o que é unha mala idea
como comentan nesta mensaxe:
http://www.trasno.net/lurker/message/20091116.231829.03781bc6.gl.html

Outras propostas para «heap» foron «montón», «monte»,



«pilla» pode ser tradución válida para «stack»(1): http://www.estraviz.org/pilla

Para «stack» Méixome propuxera «montón» que segundo Keko non se adapta
ben ao concepto. Xusto Rodríguez propuxo «rima»
(http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=rima&tipo_busca=lema).
Marce dixo que «meda». Tamén sairon «pila» (pola metáfora da pila
eléctrica), «pía» (que parece non gustarlle a certa xente), «morea» e
«montón» (esta última Marce dixo que mellor evitala por posibles
problemas ca tradución de «stack»).

Copio aquí unha mensaxe de Bouzada que creo que comenta outras opcións:

> * Meda → segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,  correspondería
> a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen moitas
> medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se segan
> agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non haxa
> punto de inicio nin de fin.
> * Rima → ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
> expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
> * Restra → podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
> * Pila → é sinónimo de batería (acumulador) non de morea (e ainda menos 
> ordenada)
> * Pía → que xa vin usado, é incorrecta neste caso (e noutros moitos 
> semellantes)
>
> Quedan, tamén, como posibles: ringleira, fileira, rea, rengue. Pero ningunha
> delas implica, necesariamente, unha estrutura LIFO.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a