Dáme por pensar que, para os valores de heap (2) e stack (4)
especialmente, podería dicirse estiba/r ou batería... simplemente coa
idea de amontoamento ordenado

Pero a ver, non estaremos rizando o rizo? hai algún problema coa
tradución normal de stack=pila? Así a recolle a RAG e modo consistente

Volg
pila f eléctrica

Dicionario RAG (en liña):
pilas.f. Xerador que transforma en enerxía eléctrica a enerxía
producida por unha reacción química.
Unha radio que funciona con pilas.

DRAG (1997)
Xerador que transforma en enerxía electrica a enerxía producida por
unha reacción química

Dicionario Cast-Galego RAG (post acordo, 2004)
«A radio non funciona porque ten as pilas gastadas»

Dicionario Cast-Galego Xerais (2001)
Pila (batería)

E outros
DEGU (Ir Indo, 2004)
Pila sf Xerador electroquímico que produce unha tensión continua por
acción dunha reacción química (pila electrica, pila voltaica, pila
galvánica)
Pila solar (=célula solar)
Pila termoeléctrica Xerador de corrente continua, que converte a
enerxía calorífica en electrica

Por non falar da coñecida "pila de combustible" por exemplo a pila
atómica ou a de hidróxeno. Así se di en galego por todas partes.
Eu xa supoño de onde vén o problema filolóxico pero está superadísimo
e a palabra (podémola tomar como un préstamo a partir dun latinismo)
está perfectamente integrada e especializada no idioma, sen
confundirse coa "pía de pedra".

Nós o único que necesitamos é unha equivalencia asociativa co valor
computacional do inglés, a mesma metáfora que a deles.

Stack : An orderly pile, especially one arranged in layers

Ora ben, tamén penso que se os vemos como termos moi técnicos da
informática, a tradución só pode ser auxiliar en textos de
divulgación, ou xerais.




2011/2/3 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/2/2 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>>> 2011/1/26 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>>> > Retomo este fío xa que no mesmo aplicativo aparéceme:
>>>> >
>>>> > HEAP SNAPSHOTS
>>>> >
>>>> > - description: A label for the heap snapshots list (all caps).
>>>> >
>>>> > Get a heap snapshot by pressing the %{BUTTON} button on the status bar.
>>>> >
>>>> > - description: Help text on how to get a heap snapshot.
>>>> >
>>>> > Call Site stack
>>>> >
>>>> > - description: A label for event call stack
>>>> >
>>>> > Neste caso, acáeme ben «morea» para Heap..
>>>> > para stack é onde volvemos á discusión deste fío :(
>>
>> Eu máis ben entendo Heap como morea, xa que un Stack é unha estrutura LIFO,
>> o que implica un determinado ordenamento dos datos, que non se da nunha
>> "morea", podería darse nunha "meda", pero sería FIFO, do lido ata o momento
>> o que máis me convence é a proposta de Xusto de "rima", que aínda que non é
>> rigorosa (a estrutura de datos da rima), si é máis próxima a algo ordenado
>> como LIFO
>
> Son da idea de que pode ser boa idea poñer a tradución en galego e
> xusto despois o orixinal entre parénteses.
>
> Aclaremos as cousas porque me da a impresión de que aquí hai unha boa
> lea. Estas palabras aplícanse a varios conceptos diferentes.
>
> (1) «heap» é unha estrutura de datos. Basicamente é unha árbore
> binaria na que o elemento da cima (o elemento raíz) é maior ou menor
> que os seus fillos. Os fillos do elemento raíz á súa vez son maiores
> ou iguais que os seus respectivos fillos, etc... ata chegar aos nodos
> folla, que non teñen fillos. O de que cada elemento sexa maior ou
> menor que os seus fillos depende de se o «heap» é min ou máx. Non é
> unha estrutura LIFO nin FIFO. Un dos seus usos é como estrutura de
> datos para un algoritmo de ordenación chamado «heapsort». Este «heap»
> correspóndese con
> http://en.wikipedia.org/wiki/Heap_%28data_structure%29
>
> (2) Hai outro «heap» que está relacionado ca estrutura de memoria dun
> proceso. Cando un programa pasa a executarse (é dicir, na creación do
> proceso) resérvase un certo espazo de memoria asignado para o proceso
> e que se divide en determinadas seccións: unha para o código, outra
> para as variables que xa teñen indicado un valor inicial no código
> fonte, outra para as que non teñen indicado valor inicial, hai unha
> sección onde se gardan os valores das variables das funcións (isto é
> un «stack» do que falaremos máis abaixo) e hai unha sección dedicada a
> aloxar as variables que se crean dinámicamente (se non me equivoco por
> exemplo usando a función malloc de C). Esta última sección é o que se
> chama «heap». Máis información en
> http://en.wikipedia.org/wiki/Dynamic_memory_allocation
>
> (3) Ademais hai dous «stack». O primeiro deles correspóndese cunha
> estrutura de datos LIFO, que sempre se explica co exemplo da «pila de
> pratos» (perdón por usar «pila»): cando vas lavar a louza e tes unha
> pila de pratos o primeiro prato que se puxo é o de abaixo de todo, que
> tamén é o último en lavarse, e o primeiro en lavarse é o último que se
> puxo na pila. Tedes máis información en
> http://en.wikipedia.org/wiki/Stack_%28data_structure%29
>
> (4) Outras veces vemos por aí «stack» relacionado ca memoria dun
> proceso. Como xa comentei na explicación de «heap»(2) máis arriba é
> unha zona da memoria dun proceso onde se gardan os valores de cada
> instancia en execución das funcións do proceso. Chámase así porque
> está relacionado ca idea da «pila de pratos»: unha función en
> execución ten uns determinados valores para as súas variables gardados
> no «stack» do proceso, e nun momento dado chama a outra función así
> que se reserva espazo para gardar os valores das súas variables xusto
> enriba de onde se gardaron os valores das variables da función que a
> chamou. Desde o meu punto de vista aínda que a isto se lle chame só
> «stack» en galego deberiamos traducilo como «XXXX de execución» onde
> XXXX será «pila», «morea» ou o que se decida como tradución para
> «stack». Podedes obter máis información en
> http://en.wikipedia.org/wiki/Process_stack
>
> Ben, agora que os conceptos están mellor ou peor explicados pasemos ao 
> seguinte.
>
> Non sei se «heap»(1) ten algún tipo de relación con «heap»(2), ou polo
> menos de forma semellante á relación que parecen ter «stack»(1) e
> «stack»(2), de forma que non sei se será boa idea asignarlles
> traducións diferentes ou iguais. En todo caso como xa comentei nunha
> mensaxe anterior, pode que «montículo» sexa unha tradución aceptable
> para «heap»(1): http://www.estraviz.org/mont%C3%ADculo
>
> Para «heap»(2) tense usado «memoria dinámica» o que é unha mala idea
> como comentan nesta mensaxe:
> http://www.trasno.net/lurker/message/20091116.231829.03781bc6.gl.html
>
> Outras propostas para «heap» foron «montón», «monte»,
>
>
>
> «pilla» pode ser tradución válida para «stack»(1): 
> http://www.estraviz.org/pilla
>
> Para «stack» Méixome propuxera «montón» que segundo Keko non se adapta
> ben ao concepto. Xusto Rodríguez propuxo «rima»
> (http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=rima&tipo_busca=lema).
> Marce dixo que «meda». Tamén sairon «pila» (pola metáfora da pila
> eléctrica), «pía» (que parece non gustarlle a certa xente), «morea» e
> «montón» (esta última Marce dixo que mellor evitala por posibles
> problemas ca tradución de «stack»).
>
> Copio aquí unha mensaxe de Bouzada que creo que comenta outras opcións:
>
>> * Meda → segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,  
>> correspondería
>> a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen moitas
>> medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se segan
>> agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non haxa
>> punto de inicio nin de fin.
>> * Rima → ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
>> expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
>> * Restra → podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
>> * Pila → é sinónimo de batería (acumulador) non de morea (e ainda menos 
>> ordenada)
>> * Pía → que xa vin usado, é incorrecta neste caso (e noutros moitos 
>> semellantes)
>>
>> Quedan, tamén, como posibles: ringleira, fileira, rea, rengue. Pero ningunha
>> delas implica, necesariamente, unha estrutura LIFO.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a