2011/2/4 J.M. Castroagudín <chavescesu...@gmail.com>:
> On Thu, 3 Feb 2011 17:54:17 +0100
> Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:
>
>> 2011/2/3 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> > 2011/2/3 J.M. Castroagudín <chavescesu...@gmail.com>:
>> >> On Wed, 2 Feb 2011 23:51:26 +0100
>> >> mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
>> >>
>> >>>> todos ese ficheiros. Creo que da igual que só seleccione aqueles
>> >>>> ficheiros cuxa icona quedou totalmente dentro da caixa no
>> >>>> momento de soltar o botón ou que tamén inclúa aqueles cuxa icona
>> >>>> quedou parcialmente dentro.
>> >>>
>> >>> No programa ese os diferentes métodos de escolla levan apelidos
>> >>> diferentes. (Tal vez o qcad e semellantes tamén)
>> >>
>> >> E que ten de malo "seleccionar arrastrando"? Eu creo que sempre lle
>> >> chamei así, aínda que moi seguro non estou tampouco...
>> >
>> > E “selección de arrastre” como substantivo, por gracioso que poida
>> > soar, entenderíase :)
>>
>> Creo que me convence máis «selección elástica». O da «selección por
>> arrastre» da a idea de arrastrar algo, creo eu. Hai máis opinións ou
>> ideas?
>
> Pois... claro que arrastras algo. O punteiro do rato. non?
>
> PS: na miña terra dise "arrastear". Bue, na miña terra, ou se cadra
> só na miña casa, vaya usté a saber. Alguén máis o di así?

Tamén se arrastra o rato en moitos outros tipos de selección. Por
exemplo no Inkscape (ou no Gimp, que non lembro ben) hai un tipo de
selección que consiste en tirar un trazo como o da ferramenta Lapis
por riba dos obxectos a seleccionar, e cando soltas o botón do rato
selecciona todo o que cadre debaixo do trazo e o trazo desaparece, e
evidentemente tamén se arrastra o rato. Polo tanto creo que ese
argumento non é especialmente válido.

Polo de agora puxen «selección elástica». Cando se decida algo, se é
diferente ao que puxen xa o cambiarei.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a