2011/2/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/2/3 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> Dáme por pensar que, para os valores de heap (2) e stack (4)
>> especialmente, podería dicirse estiba/r ou batería... simplemente coa
>> idea de amontoamento ordenado
>>
>> Pero a ver, non estaremos rizando o rizo? hai algún problema coa
>> tradución normal de stack=pila? Así a recolle a RAG e modo consistente
>>
>> Volg
>> pila f eléctrica
>>
>> Dicionario RAG (en liña):
>> pilas.f. Xerador que transforma en enerxía eléctrica a enerxía
>> producida por unha reacción química.
>> Unha radio que funciona con pilas.
>>
>> DRAG (1997)
>> Xerador que transforma en enerxía electrica a enerxía producida por
>> unha reacción química
>>
>> Dicionario Cast-Galego RAG (post acordo, 2004)
>> «A radio non funciona porque ten as pilas gastadas»
>>
>> Dicionario Cast-Galego Xerais (2001)
>> Pila (batería)
>>
>> E outros
>> DEGU (Ir Indo, 2004)
>> Pila sf Xerador electroquímico que produce unha tensión continua por
>> acción dunha reacción química (pila electrica, pila voltaica, pila
>> galvánica)
>> Pila solar (=célula solar)
>> Pila termoeléctrica Xerador de corrente continua, que converte a
>> enerxía calorífica en electrica
>>
>> Por non falar da coñecida "pila de combustible" por exemplo a pila
>> atómica ou a de hidróxeno. Así se di en galego por todas partes.
>> Eu xa supoño de onde vén o problema filolóxico pero está superadísimo
>> e a palabra (podémola tomar como un préstamo a partir dun latinismo)
>> está perfectamente integrada e especializada no idioma, sen
>> confundirse coa "pía de pedra".
>>
>> Nós o único que necesitamos é unha equivalencia asociativa co valor
>> computacional do inglés, a mesma metáfora que a deles.
>>
>> Stack : An orderly pile, especially one arranged in layers
>
> A min váleme «pila». Pero algunha xente comentou en mensaxes
> anteriores que en ningún dicionario de galego aparecía «pila» cun
> significado que non sexa o de xerador eléctrico, e usando iso e que
> outras palabras teñen acepcións que se axustan máis ao que estamos
> tratando, como «rima», pois din que é mellor non usar «pila».

Coñezo o problema pero non aprecio a solución ata agora para o que nos ocupa.

Dito doutra maneira... o grave sería usarmos en galego «pía» porque en
castelán sexa pila (montón) o que corresponde a stack. Por certo que
en inglés «stack» non é para nada unha palabra selecta senón bastante
ordinaria... tipo "mogollón encadenado de". Non sei por que non me
estraña.

Con todo, a min resúltame útil ver que o diferencial é que «stack» ten
o sentido de "conxunto ordenado" que non ten «pile». É dicir o que
interesa é unha palabra que indica non simplemente unha morea, como
pile en inglés, senón a idea de "serie ordenada". Ese é o concepto.
Agora a forma.

A solución pila:

Se a pila electrica provén en todos os idiomas do PILA (lat.) que
indica columna, serie, batería, como «pilastra»,  (e non do PILA,
morteiro) e resulta que é a extensión da metáfora sobre a pila
electrica (bateria) a que nos trae o «stack» inglés, entón o máis
práctico é utilizar a palabra que empregamos para a bateria eléctrica.
Simplemente unha nova acepción.

-  atendendo á súa función, como "xerador" eléctrico (é un clarisimo
castelanismo) asociado ao PILA de pilastra.
-  atendendo á súa conformación: é un grupo de pezas equivalentes que
constitúen un grupo ordenado, unha rima, unha batería (coma as de
artillería).

>
> Entón que usamos como tradución para o verbo «stack»? E para
> «stacking»? Eu pensei en «pilla», «empillar», «empillamento», pero se
> valen «pila», «apilar» e «apilamento» por min perfecto.

Mesmamente. O uso de «pila» fronte a «rima» ten ademais o valor de ser
coherente coas demais linguas romances de modo que evitamos unha saída
terminolóxica insolidaria, sen ningunha oportunidade nin necesidade de
ser adopatada polos galegofalantes.

pt. pilha
es. pila
ca. pila
fr. pile
it. pila
en. pile


>
>> Ora ben, tamén penso que se os vemos como termos moi técnicos da
>> informática, a tradución só pode ser auxiliar en textos de
>> divulgación, ou xerais.
>
> «stack» tamén se usa por exemplo no Inkscape ou no Gimp (e calquera
> outro programa de imaxe que use capas), porque hai un «stack» de
> capas, así que non vexo que sexa tan raro que un usuario normal o
> atope. Outro contexto onde se usa é en redes, e seguro que se buscamos
> hai máis.

Paréceme necesariro entón que «stack» se traduza

>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a