> > E imos escoller “pila”? :S
> 
> Sempre é unha proposta, serán os falantes quen fixen as cousas... como
> te ves promocionando que os datos "riman"

Non usei “rima” na miña vida, nin sabía dela ata hai uns días, pero iso é 
cousa do ambiente principalmente castelanfalante no que sempre me movín. E 
teño ben claro por que “pila” me soa máis, o que non significa que sexa máis 
axeitada.

E non diría que «os datos “riman”» nin que «“apilan”», dirían que están 
“dispostos nunha rima (stack)” ou “en rima” se hai que abreviar.

Eu o único que vexo a ter en conta é que o significado de “rima” está apoiado 
por máis dicionarios que o significado non enerxético de “pila”.

E non creo que haxa moitos programas nos que “rima” poida interpretarse 
incorrectamente, dado o dispares que son o desenvolvemento de software e a 
poesía (polo menos no que respecta a aplicativos a traducir que traten ambos á 
vez ;)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a