2011/2/7 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> > E imos escoller “pila”? :S
>>
>> Sempre é unha proposta, serán os falantes quen fixen as cousas... como
>> te ves promocionando que os datos "riman"
>
> Non usei “rima” na miña vida, nin sabía dela ata hai uns días, pero iso é
> cousa do ambiente principalmente castelanfalante no que sempre me movín. E
> teño ben claro por que “pila” me soa máis, o que non significa que sexa máis
> axeitada.
>
Temos a pila electrica por castelanismo, como préstamo necesario,
asumido igual ca tortilla. Por certo, pila chegou ao castelán vía
catalán alá polo século XIV.

Pero non hai dúbida de que pila, montón, forma parte do fondo
grecolatino tamén do idioma.
E nese fondo, pila (a de columna, piar) non é un montón de calquera
maneira, indica estrutura, que é o que importa aquí, non o tema de
producir enerxía.
Todas as linguas romances fan equivalente de stack a partir do «piar
eléctrico», o xerador con estrutura en batería, por que nós non nun
ámbito tan pouco patrimonial?

Eu son moi favorable á recuperación de palabras tradicionais,
ampliando e adaptando á modernidade, pero ás veces creo que é un salto
excesivo.

> E non diría que «os datos “riman”» nin que «“apilan”», dirían que están
> “dispostos nunha rima (stack)” ou “en rima” se hai que abreviar.

E eu diría que se entende perfectamente, como metáfora, non teño
dúbida de que é unha posible adaptación explicativa. Para min, unha
rima de datos pode ser mellor unha columna de datos na folla de
cálculo ou tamén unha serie calquera de datos que obtemos despois
dunha operación.

>
> Eu o único que vexo a ter en conta é que o significado de “rima” está apoiado
> por máis dicionarios que o significado non enerxético de “pila”.

Contrargumento, eu o que necesito é unha solución harmónica para un
concepto que non ten nome en galego

http://pt.wikipedia.org/wiki/Pilha_%28inform%C3%A1tica%29
«um PC moderno usa pilhas ao nível de arquitetura, as quais são usadas
no design básico de um sistema operacional para manipular interrupções
e chamadas de função do sistema operacional.»

Este valor non está en ningún dicionario galego... e o que discutimos
é se está máis próximo á rima de leña ou á pila electrica... eu non
teño dúbidas.
http://www.google.com/images?hl=gl&biw=1680&bih=846&tbs=isch%3A1&sa=1&q=rima&btnG=Buscar
 :-D

Outro experimento
http://www.google.com/images?hl=gl&biw=1680&bih=846&tbs=isch%3A1&sa=1&q=pila+stack+pilha&btnG=Buscar
http://www.google.com/images?hl=gl&biw=1680&bih=846&tbs=isch%3A1&sa=1&q=rima+stack+pilha&btnG=Buscar

> E non creo que haxa moitos programas nos que “rima” poida interpretarse
> incorrectamente, dado o dispares que son o desenvolvemento de software e a
> poesía (polo menos no que respecta a aplicativos a traducir que traten ambos á
> vez ;)

Certamente, pero como xa se viu non só interesa ao desenvolvemento de
software, tamén ao deseño gráfico, tratamento xeral de datos e outros.
Non esquezamos o heap -> morea

Por min remato aquí, creo que o culpable deste fío foi Leandro así que
lle toca decidir que se fai con el.

Saúdos,

Antón Méixome

> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a