eemmm... pois eu sempre pensei que viña da pila de Volta, que consiste en
apilar discos de dous metais distintos de forma alterna separados pos un
disco poroso embebido dunha solución salina, que se non me trabuco foi o
primeiro xerador de electricidade química (podíase facer coas antigas
pesetas se alternabas as grises coas amarelas). De feito Volta dedicouse a
dar xiras por europa demostrando esa "curiosidad", sendo un dos anfitrións o
propio Napoleón

http://en.wikipedia.org/wiki/Alessandro_Volta

2011/2/8 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Nesta discusión sobre "pila" creo que estamos a entender mal o que é unha
> "pila" eléctrica (voltaica, galvánica). Chameaselloe en castelán "pila" xa
> que ven do feito de que unha batería estaba composta de varias piletas
> (recipientes) e despois pasou a comercializarse unha batería dunha soa
> "pila"... e dicir, xa aí a cagamos cando aceptamos o termo español "pila" ou
> adaptamos o portugués "pilha" no canto de empregar a nos "pía"
> http://es.wikipedia.org/wiki/Pila_galv%C3%A1nica
>
> Se así fose, poderiamos falar dos usos de "pila" pero atopámonos cun uso xa
> pervertido da palabra (no noso caso) polo que aceptar pila por stack pasa
> por non aceptar a acepción de "pila voltaica"
>
> ah, e pretender que unha busca de google saliente (ou iguale) un termo
> pouco común do galego cun frecuente noutros idiomas, non me parece moi
> "canónico" :)
>
> 2011/2/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
> 2011/2/7 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> >> > E imos escoller “pila”? :S
>> >>
>> >> Sempre é unha proposta, serán os falantes quen fixen as cousas... como
>> >> te ves promocionando que os datos "riman"
>> >
>> > Non usei “rima” na miña vida, nin sabía dela ata hai uns días, pero iso
>> é
>> > cousa do ambiente principalmente castelanfalante no que sempre me movín.
>> E
>> > teño ben claro por que “pila” me soa máis, o que non significa que sexa
>> máis
>> > axeitada.
>> >
>> Temos a pila electrica por castelanismo, como préstamo necesario,
>> asumido igual ca tortilla. Por certo, pila chegou ao castelán vía
>> catalán alá polo século XIV.
>>
>> Pero non hai dúbida de que pila, montón, forma parte do fondo
>> grecolatino tamén do idioma.
>> E nese fondo, pila (a de columna, piar) non é un montón de calquera
>> maneira, indica estrutura, que é o que importa aquí, non o tema de
>> producir enerxía.
>> Todas as linguas romances fan equivalente de stack a partir do «piar
>> eléctrico», o xerador con estrutura en batería, por que nós non nun
>> ámbito tan pouco patrimonial?
>>
>> Eu son moi favorable á recuperación de palabras tradicionais,
>> ampliando e adaptando á modernidade, pero ás veces creo que é un salto
>> excesivo.
>>
>> > E non diría que «os datos “riman”» nin que «“apilan”», dirían que están
>> > “dispostos nunha rima (stack)” ou “en rima” se hai que abreviar.
>>
>> E eu diría que se entende perfectamente, como metáfora, non teño
>> dúbida de que é unha posible adaptación explicativa. Para min, unha
>> rima de datos pode ser mellor unha columna de datos na folla de
>> cálculo ou tamén unha serie calquera de datos que obtemos despois
>> dunha operación.
>>
>> >
>> > Eu o único que vexo a ter en conta é que o significado de “rima” está
>> apoiado
>> > por máis dicionarios que o significado non enerxético de “pila”.
>>
>> Contrargumento, eu o que necesito é unha solución harmónica para un
>> concepto que non ten nome en galego
>>
>> http://pt.wikipedia.org/wiki/Pilha_%28inform%C3%A1tica%29
>> «um PC moderno usa pilhas ao nível de arquitetura, as quais são usadas
>> no design básico de um sistema operacional para manipular interrupções
>> e chamadas de função do sistema operacional.»
>>
>> Este valor non está en ningún dicionario galego... e o que discutimos
>> é se está máis próximo á rima de leña ou á pila electrica... eu non
>> teño dúbidas.
>>
>> http://www.google.com/images?hl=gl&biw=1680&bih=846&tbs=isch%3A1&sa=1&q=rima&btnG=Buscar
>>  :-D
>>
>> Outro experimento
>>
>> http://www.google.com/images?hl=gl&biw=1680&bih=846&tbs=isch%3A1&sa=1&q=pila+stack+pilha&btnG=Buscar
>>
>> http://www.google.com/images?hl=gl&biw=1680&bih=846&tbs=isch%3A1&sa=1&q=rima+stack+pilha&btnG=Buscar
>>
>> > E non creo que haxa moitos programas nos que “rima” poida interpretarse
>> > incorrectamente, dado o dispares que son o desenvolvemento de software e
>> a
>> > poesía (polo menos no que respecta a aplicativos a traducir que traten
>> ambos á
>> > vez ;)
>>
>> Certamente, pero como xa se viu non só interesa ao desenvolvemento de
>> software, tamén ao deseño gráfico, tratamento xeral de datos e outros.
>> Non esquezamos o heap -> morea
>>
>> Por min remato aquí, creo que o culpable deste fío foi Leandro así que
>> lle toca decidir que se fai con el.
>>
>> Saúdos,
>>
>> Antón Méixome
>>
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a