>
> Eu pensaba que isto se decidía entre todos, achegando argumentos e probas.
>
> Non sei que dicir. Acabo de buscar «pilla», que pensaba que existía,
> nos dicionarios que hai na biblioteca da FIC e non aparece en ningún.
> Busquei tamén «empillar» (que lembro ter visto nalgún libro,
> posiblemente no Señor dos aneis) e só aparece en dous co significado
> de «facer pequenos montóns de esterco». «empillamento» e «apilamento»
> tampouco aparecen en ningún. Cando aparece «apilar» indícase que o
> correcto é «amorear». E «pila» cando aparece só o fai co significado
> de xerador eléctrico.
>
> Gustaríame que se escollera o verbo e o substantivo para «stack» de
> forma que sexan parecidos, é dicir «pila» e «apilar» ou «pilla» e
> «empillar» ou o que sexa. A menos que alguén poida demostrar que
> algunha destas parellas existe nalgún dicionario cun signficado que
> case co concepto ou conceptos que estamos tratando, ou que incluso
> haxa referencias bibliográficas, non creo que o vexo máis claro que
> agora.
>


Os dicionarios, sobre todo os canónicos só recollen unha pequena parte
do galego real. Para evitar ese sesgo están os corpus.
Creo que non será realista esperar "casar" en usos computacionais.
Debería abondar co sentido de "acumulación ordenada vertical".

Máis documentación, referencias bibliográficas, de uso sobre pila/apilar.

Repárese nas datas e na cantidade que dá o TILGA (27 ocorrencias para apilar)

Acrónimo:GLPVIS891
Obra:A víspora de San Xoán en Montecubeiro
Autor:González López, Luis
Editorial:Poesías originales de D. A. J. Pereira y D. L. González
López que han alcanzado respectivamente el premio y accesit de honor
en el Certamen literario y artístico celebrado en Lugo el 6 de octubre
de 1891. Imp. El Regional
Data:1891

«i alí as de Pumarín bailan, todas ca súa parexa, por que parexas non
faltan, qu'enfrente delas s'apilan os do Ferreiro e de Graña»

Aquí hai un exemplo de uso real, distinguindo rima (horizontal) de
pila (vertical)

Os ollos da sentinela
Autor: Valcárcel, Xesús Manuel
Editorial: Galaxia, Vigo
Data: 1997

«Entraba÷se nese soto por unha trapela que estaba disimulada detrás do
escano, á beira do lume, onde se apilaban varias rimas de achas e de
piñas, para non as ter que ir buscar á pendella.»

Este é un claro exemplo que me fai desconfiar do TILGA. Como é posible
que teña «rimas» pero que non apareza o lema «rima» na busca?
Deixémolo


Hai 149 ocorrrencias para «pila». Saliento unha onde se ve o uso de
«pila» co sentido de «pilastra»

Acrónimo:       AMOTRE884
Obra:   Treboadas
Autor:  Amor e Meilán, M. e R. Muñiz e Bailly
Editorial:      Imp. de El Correo Gallego, Ferrol
Data:   1884

«Milleiros de demos bruaban brincaban voaban corrían pasaban volvían
d'acá par'alá as pilas da ponte labrando e sentando i as pedras
sacando do fondo do mar;».


Sobre rima/rimar

Aparecen 71 casos, todos eles salvando 2 son co valor poético. Os dous
que teñen valor de "serie" están asociados a "rima de leña", como se
formase xa un sintagma fixo. Á parte do caso anterior, co valor de
"montón" aparece este caso, da mesma obra e autor.

Acrónimo:       VCLOLL997
Obra:   Os ollos da sentinela
Autor:  Valcárcel, Xesús Manuel
Editorial:      Galaxia, Vigo
Data:   1997

«Pola parte de atrás -pode vé-la a través da cancela rota, cuberta de
silvas e de broza- está a aira lastrada de pedra e rodeada por unha
tea metálica para que non escapasen as pitas; máis alá, a cortiña e,
antes dela, as palleiras, nas que se ven aínda dúas rimas pequenas de
leña.»


P.S. Sobre «pilla», no séc. XVII

FEIENT671
Obra:   Entremés famoso sobre da pesca do río Miño
Autor:  Feixoo de Araúxo, Gabriel
Editorial:      (Transcr., limiar e notas de F. Bouza Brey 1953) Monterrey, Vigo
Data:   1671

aparece este texto... en boca dun portugués

rapás sabe mui ben gobernar÷nos.Tén un entendimento que é pasmo; no
hai abade, crego, nin crega, nin frade, nen ningún vello de cento con
tanta discrixisón, i así penso volverá por nós e xudicará que nós
temos a razón Vou correndo pola posta si acho xantar que comer que
aínda á tarde hei de esparxer unha gran pilla de bosta.{Vai÷se [ESCEA
VI] Descubre÷se a cortiniña e ve÷se outro portugués, deitado no chan,
mollado, como que está morto, e unha portuguesa
chorando÷lle.PORTUGUESA ¡Meu quirido, meu mimo, meu morgado, meu ouro
fino, meu moi doce amado, meu espello, meu gosto, meu contento, meu

A partir de aí os outros 7 escasos documentados son a partir de 1986,
en textos do Val Miñor, a raia, etc ou xa son outra cousa... co
sentido do xogo do "pilla-pilla".

Sobre «empillar», só aparece 3 veces, 2 do mesmo autor e son
traducións de textos a partir de 1983, e unha novela...
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a