2011/2/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>
>> Eu pensaba que isto se decidía entre todos, achegando argumentos e probas.
>>
>> Non sei que dicir. Acabo de buscar «pilla», que pensaba que existía,
>> nos dicionarios que hai na biblioteca da FIC e non aparece en ningún.
>> Busquei tamén «empillar» (que lembro ter visto nalgún libro,
>> posiblemente no Señor dos aneis) e só aparece en dous co significado
>> de «facer pequenos montóns de esterco». «empillamento» e «apilamento»
>> tampouco aparecen en ningún. Cando aparece «apilar» indícase que o
>> correcto é «amorear». E «pila» cando aparece só o fai co significado
>> de xerador eléctrico.
>>
>> Gustaríame que se escollera o verbo e o substantivo para «stack» de
>> forma que sexan parecidos, é dicir «pila» e «apilar» ou «pilla» e
>> «empillar» ou o que sexa. A menos que alguén poida demostrar que
>> algunha destas parellas existe nalgún dicionario cun signficado que
>> case co concepto ou conceptos que estamos tratando, ou que incluso
>> haxa referencias bibliográficas, non creo que o vexo máis claro que
>> agora.
>>
>
>
> Os dicionarios, sobre todo os canónicos só recollen unha pequena parte
> do galego real. Para evitar ese sesgo están os corpus.
> Creo que non será realista esperar "casar" en usos computacionais.
> Debería abondar co sentido de "acumulación ordenada vertical".
>
> Máis documentación, referencias bibliográficas, de uso sobre pila/apilar.
>
> Repárese nas datas e na cantidade que dá o TILGA (27 ocorrencias para apilar)
>
> Acrónimo:GLPVIS891
> Obra:A víspora de San Xoán en Montecubeiro
> Autor:González López, Luis
> Editorial:Poesías originales de D. A. J. Pereira y D. L. González
> López que han alcanzado respectivamente el premio y accesit de honor
> en el Certamen literario y artístico celebrado en Lugo el 6 de octubre
> de 1891. Imp. El Regional
> Data:1891
>
> «i alí as de Pumarín bailan, todas ca súa parexa, por que parexas non
> faltan, qu'enfrente delas s'apilan os do Ferreiro e de Graña»
>
> Aquí hai un exemplo de uso real, distinguindo rima (horizontal) de
> pila (vertical)
>
> Os ollos da sentinela
> Autor: Valcárcel, Xesús Manuel
> Editorial: Galaxia, Vigo
> Data: 1997
>
> «Entraba÷se nese soto por unha trapela que estaba disimulada detrás do
> escano, á beira do lume, onde se apilaban varias rimas de achas e de
> piñas, para non as ter que ir buscar á pendella.»
>
> Este é un claro exemplo que me fai desconfiar do TILGA. Como é posible
> que teña «rimas» pero que non apareza o lema «rima» na busca?
> Deixémolo
>
>
> Hai 149 ocorrrencias para «pila». Saliento unha onde se ve o uso de
> «pila» co sentido de «pilastra»
>
> Acrónimo:       AMOTRE884
> Obra:   Treboadas
> Autor:  Amor e Meilán, M. e R. Muñiz e Bailly
> Editorial:      Imp. de El Correo Gallego, Ferrol
> Data:   1884
>
> «Milleiros de demos bruaban brincaban voaban corrían pasaban volvían
> d'acá par'alá as pilas da ponte labrando e sentando i as pedras
> sacando do fondo do mar;».
>
>
> Sobre rima/rimar
>
> Aparecen 71 casos, todos eles salvando 2 son co valor poético. Os dous
> que teñen valor de "serie" están asociados a "rima de leña", como se
> formase xa un sintagma fixo. Á parte do caso anterior, co valor de
> "montón" aparece este caso, da mesma obra e autor.
>
> Acrónimo:       VCLOLL997
> Obra:   Os ollos da sentinela
> Autor:  Valcárcel, Xesús Manuel
> Editorial:      Galaxia, Vigo
> Data:   1997
>
> «Pola parte de atrás -pode vé-la a través da cancela rota, cuberta de
> silvas e de broza- está a aira lastrada de pedra e rodeada por unha
> tea metálica para que non escapasen as pitas; máis alá, a cortiña e,
> antes dela, as palleiras, nas que se ven aínda dúas rimas pequenas de
> leña.»
>
>
> P.S. Sobre «pilla», no séc. XVII
>
> FEIENT671
> Obra:   Entremés famoso sobre da pesca do río Miño
> Autor:  Feixoo de Araúxo, Gabriel
> Editorial:      (Transcr., limiar e notas de F. Bouza Brey 1953) Monterrey, 
> Vigo
> Data:   1671
>
> aparece este texto... en boca dun portugués
>
> rapás sabe mui ben gobernar÷nos.Tén un entendimento que é pasmo; no
> hai abade, crego, nin crega, nin frade, nen ningún vello de cento con
> tanta discrixisón, i así penso volverá por nós e xudicará que nós
> temos a razón Vou correndo pola posta si acho xantar que comer que
> aínda á tarde hei de esparxer unha gran pilla de bosta.{Vai÷se [ESCEA
> VI] Descubre÷se a cortiniña e ve÷se outro portugués, deitado no chan,
> mollado, como que está morto, e unha portuguesa
> chorando÷lle.PORTUGUESA ¡Meu quirido, meu mimo, meu morgado, meu ouro
> fino, meu moi doce amado, meu espello, meu gosto, meu contento, meu
>
> A partir de aí os outros 7 escasos documentados son a partir de 1986,
> en textos do Val Miñor, a raia, etc ou xa son outra cousa... co
> sentido do xogo do "pilla-pilla".
>
> Sobre «empillar», só aparece 3 veces, 2 do mesmo autor e son
> traducións de textos a partir de 1983, e unha novela...

Xa o vexo algo máis claro: evitar «pilla»/«empillar» porque parece que
non ten moito uso, e «pila»/«apilar» aparece máis veces que
«rima»/«rimar» nos corpus, e ademais segundo comentou Méixome «pila» é
a tradución común (por dicilo dalgún xeito) aos idiomas romances.

Por min quedamos con «pila»/«apilar»/«apilamento» como tradución para
«stack» (para a estrutura de datos, a zona de memoria do proceso, e
tamén para «stack» en programas de imaxe). Hai
obxeccións/comentarios/achegas?

A todo isto creo que aínda non se chegou a ningún resultado
consensuado para «heap». Poñemos «montículo» para a estrutura de datos
e «montón» para a zona de memoria do proceso?

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a