2011/2/9 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> A todo isto creo que aínda non se chegou a ningún resultado
>> consensuado para «heap». Poñemos «montículo» para a estrutura de datos
>> e «montón» para a zona de memoria do proceso?
>
> Non me lin todo o fío e son lego na materia, polo que me absteño no de
> stack/heap.
>
> A redacción do texto citado faime aparecer unha dúbida, seguramente
> fora de tema.
>        A que te referes con "zona de memoria do proceso", á memoria
> onde se gardan as variábeis/obxectos  definidos no cómputo (a
> activación, para os amigos)? á memoria onde están as instrucións que
> compoñen o cómputo? ao cómputo en si?

Copio dunha mensaxe anterior:

> (4) Outras veces vemos por aí «stack» relacionado ca memoria dun
> proceso. Como xa comentei na explicación de «heap»(2) máis arriba é
> unha zona da memoria dun proceso onde se gardan os valores de cada
> instancia en execución das funcións do proceso. Chámase así porque
> está relacionado ca idea da «pila de pratos»: unha función en
> execución ten uns determinados valores para as súas variables gardados
> no «stack» do proceso, e nun momento dado chama a outra función así
> que se reserva espazo para gardar os valores das súas variables xusto
> enriba de onde se gardaron os valores das variables da función que a
> chamou. Desde o meu punto de vista aínda que a isto se lle chame só
> «stack» en galego deberiamos traducilo como «XXXX de execución» onde
> XXXX será «pila», «morea» ou o que se decida como tradución para
> «stack». Podedes obter máis información en
> http://en.wikipedia.org/wiki/Process_stack

Ter en conta que «heap» á súa vez é outra zona de memoria do proceso,
pero que en principio se asigna para gardar outro tipo de datos, para
obter máis información sobre isto
http://en.wikipedia.org/wiki/Dynamic_memory_allocation

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a