2011/2/10 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Documento aberto de só lectura

Definitivamente: non.

>> Abriuse o documento para/como lectura inalterábel
>>> Ábrese o documento só para lectura

A ver, a frase orixinal é pasiva enunciativa simple, e se non me falla
a memoria, en galego a debería converterse a oración enunciativa con
verbo en forma activa. Se non me falla a memoria a estrutura é unha
SVO (suxeito, verbo, obxectos), polo que primeiro debería ir "[det]
documento", logo unha forma do verbo que se refira a  abrir e logo o
complemento; e neste está a dificultade.
O documento abriuse dallecandallecacadelaemiña.
Para min a dificultade está no "en modo de só lectura", que é un
enunciado longo que ateiga de palabras monosílabas o texto.
Se do que se trata é de mellorar a lexibilidade/perspicuidade, habería
que reducir a cantidade de palabras da frase, e a cantidade de sílabas
que hai nas palabras (tanto, tanto?), polo que podo propor e propoño:
"O documento abriuse para lelo" ou "Documento aberto para ler"
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a