2011/2/10 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2011/2/10 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> Documento aberto de só lectura
>
> Definitivamente: non.
>
>>> Abriuse o documento para/como lectura inalterábel
>>>> Ábrese o documento só para lectura
>
> A ver, a frase orixinal é pasiva enunciativa simple, e se non me falla
> a memoria, en galego a debería converterse a oración enunciativa con
> verbo en forma activa. Se non me falla a memoria a estrutura é unha
> SVO (suxeito, verbo, obxectos), polo que primeiro debería ir "[det]
> documento", logo unha forma do verbo que se refira a  abrir e logo o
> complemento; e neste está a dificultade.
> O documento abriuse dallecandallecacadelaemiña.
> Para min a dificultade está no "en modo de só lectura", que é un
> enunciado longo que ateiga de palabras monosílabas o texto.
> Se do que se trata é de mellorar a lexibilidade/perspicuidade, habería
> que reducir a cantidade de palabras da frase, e a cantidade de sílabas
> que hai nas palabras (tanto, tanto?), polo que podo propor e propoño:
> "O documento abriuse para lelo" ou "Documento aberto para ler"

Eu xa me conformo con eliminar o «só» da frase para que quede «en modo
de lectura».

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a