> > A ver, a frase orixinal é pasiva enunciativa simple, e se non me falla
> > a memoria, en galego a debería converterse a oración enunciativa con
> > verbo en forma activa. Se non me falla a memoria a estrutura é unha
> > SVO (suxeito, verbo, obxectos), polo que primeiro debería ir "[det]
> > documento", logo unha forma do verbo que se refira a  abrir e logo o
> > complemento; e neste está a dificultade.
> > O documento abriuse dallecandallecacadelaemiña.
> > Para min a dificultade está no "en modo de só lectura", que é un
> > enunciado longo que ateiga de palabras monosílabas o texto.
> > Se do que se trata é de mellorar a lexibilidade/perspicuidade, habería
> > que reducir a cantidade de palabras da frase, e a cantidade de sílabas
> > que hai nas palabras (tanto, tanto?), polo que podo propor e propoño:
> > "O documento abriuse para lelo" ou "Documento aberto para ler"
> 
> Eu xa me conformo con eliminar o «só» da frase para que quede «en modo
> de lectura».

Estou de acordo con Marce respecto de manter o principio, e respecto da frase 
creo porén que o «só» é precisamente a parte importante. Aclarar que entendo 
que se trata de documentos nos que non se pode escribir. Nese caso, un «O 
documento abriuse só para lectura» ou mesmo «O documento abriuse só para 
lerse» (aínda que este último non che me gusta moito como soa).
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a