2011/2/10 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> En 2011/02/10 19:08, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>>>
>>>> A ver, a frase orixinal é pasiva enunciativa simple, e se non me falla
>>>> a memoria, en galego a debería converterse a oración enunciativa con
>>>> verbo en forma activa. Se non me falla a memoria a estrutura é unha
>>>> SVO (suxeito, verbo, obxectos), polo que primeiro debería ir "[det]
>>>> documento", logo unha forma do verbo que se refira a  abrir e logo o
>>>> complemento; e neste está a dificultade.
>>>> O documento abriuse dallecandallecacadelaemiña.
>>>> Para min a dificultade está no "en modo de só lectura", que é un
>>>> enunciado longo que ateiga de palabras monosílabas o texto.
>>>> Se do que se trata é de mellorar a lexibilidade/perspicuidade, habería
>>>> que reducir a cantidade de palabras da frase, e a cantidade de sílabas
>>>> que hai nas palabras (tanto, tanto?), polo que podo propor e propoño:
>>>> "O documento abriuse para lelo" ou "Documento aberto para ler"
>>>
>>> Eu xa me conformo con eliminar o «só» da frase para que quede «en modo
>>> de lectura».
>>
>> Estou de acordo con Marce respecto de manter o principio, e respecto da
>> frase
>> creo porén que o «só» é precisamente a parte importante. Aclarar que
>> entendo
>> que se trata de documentos nos que non se pode escribir. Nese caso, un «O
>> documento abriuse só para lectura» ou mesmo «O documento abriuse só para
>> lerse» (aínda que este último non che me gusta moito como soa).
>
> Estou de acordo, para min o que sobra é o "modo"
> O documento [aberto] só permite a lectura.
>

Vaia, este enfoque non se me ocorrera, o que pode sobrar, por
sobreentendido, é o verbo principal.

- estou de acordo na estrutura SVO en xeral. Dicía un director de
xornal na Francia revolucionaria:"As frases teñen SV e complementos,
para calquera outra frivolidade antirrevolucionaria débese pedir
permiso". En fin, sen exclusións doutras como VOS. Segundo acaia ao
caso.
- estou de acordo en que a palabra clava é ese "only". O valor de
exclusión doutras accións que indica, hai que dalo. Ou se di con
outras palabras ou hai que metelo da maneira máis natural posible

Gústame

O documento (abriuse nun modo que) só permite lectura

Canto á importancia e o custo de aplicar un cambio deste tipo como di
Keko... pois si, é moita pero tamén o gaño é considerable.

Haberá que ter tamén en conta a recursividade da solución: write-only
(só permite a escritura), na descrición dos permisos de ficheiros
-rwx- (permite a lectura-escritura-execución), outras construcións
complexas co sufixoide -only coma ROM, read-only-memory (só permite a
lectura)... seguro que hai moitas máis.

P.S.
Queda apuntado, outra vez, o debate sobre o concepto permisos/privilexios




>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a