> É dicir: podes abrir en modo de só lectura un ficheiro sobre o que tes 
> permisos
> de escritura tamén. Nese caso, «O documento só permite lectura» sería
> incorrecto. O "only" ten que ir asociado necesariamente a un "open", non creo
> que poidamos quitar a acción da oración.

Iso sen ter en conta que o documento, así como tal, normalmente non
permite nin deixa de permitir nada, é un elemento puramente paciente.
É o sistema de ficheiros o que determina o que se pode facer co
documento, e é o programa co que se abra o documento o que pon as
restricións adicionais.
Pero estes detalles son secundarios (até o pto de que sempre se fala
dos permisos dos ficheiros, e caseque nunca dos atributos, isto é:
sempre se fala de que os ficheiros son só para leitura, pero nunca de
que poden ser imutábeis).

Pero agora falando do que estamos:
Realmente, se estades a manexar un programa e vedes unhas veces cousas
como "o documento abriuse para ler" e outras "o documento abriuse para
lelo ou modificalo" non entenderíades no primeiro caso que se exclúe a
posibilidade de aplicarlle calquera outra acción ?
(de certo, esta pregunta ten moi pouca lexibilidade)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a