2011/2/11 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> É dicir: podes abrir en modo de só lectura un ficheiro sobre o que tes 
>> permisos
>> de escritura tamén. Nese caso, «O documento só permite lectura» sería
>> incorrecto. O "only" ten que ir asociado necesariamente a un "open", non creo
>> que poidamos quitar a acción da oración.
>
> Iso sen ter en conta que o documento, así como tal, normalmente non
> permite nin deixa de permitir nada, é un elemento puramente paciente.
> É o sistema de ficheiros o que determina o que se pode facer co
> documento, e é o programa co que se abra o documento o que pon as
> restricións adicionais.
> Pero estes detalles son secundarios (até o pto de que sempre se fala
> dos permisos dos ficheiros, e caseque nunca dos atributos, isto é:
> sempre se fala de que os ficheiros son só para leitura, pero nunca de
> que poden ser imutábeis).
>
> Pero agora falando do que estamos:
> Realmente, se estades a manexar un programa e vedes unhas veces cousas
> como "o documento abriuse para ler" e outras "o documento abriuse para
> lelo ou modificalo" non entenderíades no primeiro caso que se exclúe a
> posibilidade de aplicarlle calquera outra acción ?
> (de certo, esta pregunta ten moi pouca lexibilidade)

Creo que si se entende perfectamente. Habería que velo cos ollos dun
usuario corrente. Trátase de información "en contexto" e necesitamos
unha solución curta. O contexto de accións de usuario é un aspecto
vital na localizacón das interfaces, como sabedes.

Nas situacións en que falamos, ao dicir "O documento..." é obvio que
nos referimos ao ficheiro sobre o que acabamos de exercer a orde de
open (ou calquera outra), se non o abres non verás esa info. Por iso
pode obviarse o de "abriuse". Non o vexo xa claro no caso de
sobreentender a exclusión "nun modo que só permite". Ao usuario normal
non hai por que tratalo como estúpido pero débeselle informar de que
se o quere modificar ten que abrilo doutra maneira. Esa maneira en
como se informa non é para nada intuitiva. Ese creo que é o problema
de fondo. Falta algo no manexo dos ficheiros. E, como usuario
estándar, se xa sabes o que pasa, pouco importa como se diga na
interface. Aprendíchelo pola práctica. Caso práctico

Poño o exemplo que a min me parece máis frecuente e que teño
constatado que bloquea os usuarios:

Chégache un anexo por correo (Thunderbird), daslle ao botón de abrir
(ábreo con Writer) e cando queres modificar notas que non funciona
(hai que ter unha certa experiencia para mirar que na barra superior
onde aparece o nome do ficheiro se engadiu unha nota ao nome   <
nome-de-ficheiro.odt(só de lectura) >. Non hai máis asistencia así que
o usuario normal non sabe realmente como facer.

Existe outra opción que é darlle ao botón dereito do rato e entón
aparece un menú contextual coa opción de Editar/Seleccionar
texto/Recargar e outras... Hai que premer en Editar para que che
apareza algo de explicación contextual: " Non se pode editar ese
documento posibelmente por falta de dereitos de acceso. Desexa editar
unha copia?"

Ese aviso ou algo semellante debería aparecer antes, xa cando se dá a
orde de apertura. Aí si que se debe dar información exacta e detallada
de estado, opcións, causa.

Polo contrario, a frase que estamos tratando é unha fórmula fixa,
basicamente sobreentendida no seu contexto. Telegráfica, non
explicativa, e derivada do contexto. Véxoa como un enunciado que non
funciona como axuda senón como "bandeira de estado", en realidade como
recordatorio, e por iso se pode abreviar e mesmo elidir partes
substanciais....

Auga, auga! .... que dicía o bombeiro, subido a unha escada, no medio
dun incendio e coa manga seca na man. Non necesita explicarse.

Non se me explico, vaia rollo!


> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a