> Chégache un anexo por correo (Thunderbird), daslle ao botón de abrir
> (ábreo con Writer) e cando queres modificar notas que non funciona
> (hai que ter unha certa experiencia para mirar que na barra superior
> onde aparece o nome do ficheiro se engadiu unha nota ao nome   <
> nome-de-ficheiro.odt(só de lectura) >. Non hai máis asistencia así que
> o usuario normal non sabe realmente como facer.
>
> Existe outra opción que é darlle ao botón dereito do rato e entón
> aparece un menú contextual coa opción de Editar/Seleccionar
> texto/Recargar e outras... Hai que premer en Editar para que che
> apareza algo de explicación contextual: " Non se pode editar ese
> documento posibelmente por falta de dereitos de acceso. Desexa editar
> unha copia?"
>
> Ese aviso ou algo semellante debería aparecer antes, xa cando se dá a
> orde de apertura. Aí si que se debe dar información exacta e detallada
> de estado, opcións, causa.

Isto deberías notificarllo aos desenvolventes como un erro na a11y do programa
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a